Teixeira, A
Tipologia ou caracterização geográfica
Derivado
Resumo geral
O topónimo alude a un bosque de teixos (Taxus baccata) e está formado polo substantivo teixo, do lat. taxu(m) (DCECH: s.v. tejo) e o sufixo, de carácter abundancial, –eira, do lat. –aria(m). Semella que o teixo “foi en tempos unha árbore común en Galicia, a xulgar pola súa presenza na toponimia” (Navaza_Fitotop p. 528).
Aspetos geográficos, históricos, administrativos
Ata 1985, en que se recuperou a forma xenuína, a denominación oficial foi a forma La Teijeira. Pertence á comarca da Terra de Caldelas.
Documentação histórica
Antiga e medieval
- “quanto herdamento avemos [...] enna Teyxeyra, su u signo de San Salvador de Limiares” 1291 CDMontederramo, p. 671
- “do nosso casar do Nogueyro, que sta enna Teyxeyra, su signo de San Salvador de Lumeares” 1393 CDMontederramo, p. 1857
Moderna
- “En el lugar de la Teixeira feligresía de san Salbador de Lumeares”, 1752 CME
- “Teijeira”, 1845-1850 DGEH-Madoz
Cognatos e nomes de lugares relacionados
Para designar entidades de poboación, o topónimo (A) Teixeira rexístrase tamén nos concellos galegos da Capela (provincia da Coruña); de Baralla, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada (en dúas ocasións), O Incio, Lourenzá e A Pobra do Brollón (provincia de Lugo); Boborás, Cartelle, Maceda e San Xoán de Río (provincia de Ourense); e Tui (provincia de Pontevedra). Ademais, no concello lugués de Baralla atópanse os lugares de Teixeira de Abaixo e Teixeira de Arriba. En territorio portugués existen oito lugares habitados denominados Teixeira.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org