Irixoa
Tipologia ou caracterização geográfica
Derivado
Resumo geral
Derivado do latín vulgar *eclesiŏla, diminutivo de *eclesia, clásico ecclesia ‘igrexa’ (DCECH s.v. iglesia), co sufixo diminutivo -ŎLA.
Aspetos geográficos, históricos, administrativos
O concello de Irixoa creouse no ano 1836 a raíz do Real Decreto de 23-07-1835. Estaba conformado por parroquias pertencentes no Antigo Réxime ás xurisdicións de Pruzos e de Mántaras, na provincia de Betanzos. O novo concello recibiu o seu nome do da parroquia onde se estableceu a casa consistorial. A capital municipal é O Pazo de Irixoa (NavazaConcellosCor) e a actual advocación da parroquia é san Lourenzo.
Informação específica de étimo para este topónimo
A forma ecclesiola atéstase na documentación altomedieval desde o ano 887, nunha secuencia en que xa debía ter valor toponímico: "villa Transarici, ad Ecclesiola, Pinzana, Dornellas, Cusanca, Uerducedo" (DipAstur). A súa alta frecuencia de uso motivou que dese lugar a a diversas formas modernas e neste caso o grupo -gr- se resolvese de maneira diverxente ao usual: Irixoa (Santamarina_2008: 938). O sufixo diminutivo -ŎLA deixou de ser produtivo xa no galego arcaico, pero foi moi vizoso e deixou moitos restos na toponimia actual (véxase PérezCapelo_2015).
Documentação histórica
Antiga e medieval
- "villa nominata quae vocitant Ecclesiola, territorio Fluvius prope Ribulo Mandeo et Arnigi o discurrentia Sartio" 1019 CDLugoCañizares, pp. 221-224
- "uilla que uocatur Ecclesiola" 1239 DocsMonfero, pp. 563-564
- "Lopo Peres da Igrejoa" 1395 DocHCoruña, p. 553
Moderna
Cognatos e nomes de lugares relacionados
*Eclesiola foi unha forma léxica moi frecuente, con moitos descendentes toponímicos que presentan diversas solucións dialectais: -oa, -ó (con crase do hiato), -úa (con diferenciación do hiato), -oá (con deslocamento acentual) (Santamarina 2008: 942). Para o mapa dialectal dos resultados do sufixo, véxase PérezCapelo_2015: 103.
As variantes en Galicia son:
Grixoa (tres lugares, catro parroquias: en San Amaro e Viana do Bolo, Ou, e en Santa Comba e Santiago de Compostela, Co), Irixoa (lugar, parroquia e concello coruñés e parroquia en Muras, Lu), Grixó (cinco lugares, unha parroquia en Ramirás, Ou) e Eirexúa (lugar na Pontenova, Lu).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org