Rábade
Tipología o caracterización geográfica
Étimo
Resumen general
Posiblemente de orixe árabe, a partir do árabe clásico rabaḍ ‘arrabalde, suburbio’.
Aspectos geográficos, históricos, administrativos
Na documentación altomedieval Rábade denominou un pequeno territorio ou alfoz e abranguía freguesías hoxe pertencentes a Begonte, Cospeito e Outeiro de Rei. Na organización dos concellos no séc. XIX, indorporouse no de Begonte en 1840 ata a súa segregación en 1925 (Martínez Lema 2018).
Información específica de étimo para este topónimo
Normalmente vénse considerando unha orixe árabe, a mesma que deu lugar á palabra arrabalde. O problema é que esta procede do andalusí rabáḍ, de pronuncia aguda, mentres que a do topónimo é hoxe esdrúxula. Robert Pocklington considera que podería proceder directamente do clásico rabaḍ, con acentuación na primeira sílaba e que, por tanto, reflectise a acentuación orixinal. Con todo, non deixa de ser raro un arabismo tan temperán, tendo en conta que se documenta no séc. IX. Por iso se barallaron outras hipóteses, como un nome persoal a través da súa forma en xenitivo (o que xustificaría o -e final); axústaríase RAPĬDI, xenitivo do cognome latino Rapĭdus; non obstante, esta proposta choca coas abundantes documentacións medievais, que presentan a de maneira consistente na segunda sílaba.
Documentación histórica
Antigua e medieval
- "in terminum de Rabadi" 897 TVelloLugo,
- "sub urbe lucense, Rapati" 934 TCelanova
- "in territorio Rabati i" 959 TSobrado
- "in valle Rabadi" uilla Boniti 966 TSobrado
- "villa que dicitur Rabade" 1110 CDMeira
- "illa feligresia de Sancto Martino de Pino quanta iacet sub caractere Rabadi cum villa Iohanni" 1124 CalMondoñedo
Moderna
- RÁBADE (San Vicente de): felig. en la prov. y dióc. de Lugo ..., part. jud. de Villalba ... y ayunt. de Begonte. Pob.: 38 vec., 496 alm." 1849 DicMadoz.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org