Incio, O
Tipología o caracterización geográfica
Resumen general
Probablemente é unha formación prerromana, formada coa raíz hidronímica indoeuropea *aw(e)-, *awed-, *awer- ‘humedecer, mollar, fluír’, a partir do seu grao plano *au-, cun sufixo -no. e outro -tio, frecuente nestes topónimos.
Aspectos geográficos, históricos, administrativos
O Incio foi unha antigua xurisdición, composta polas freguesías da Broza (hoxe no Saviñao), Foilebar, O Hospital, O Incio, Santa Mariña, San Miguel, San Pedro e Trascastro (todas estas integradas no concello actual), das que tiña o señorío a encomenda de Quiroga da Orde de San Xoán, quen nomeaba xuíz ordinario (DicMadoz).
Nos nomenclátores, ata o ano 1975, figuraba como Incio e noutras fontes o artigo (que realmente procede da deglutinación do O- inicial) foi castelanizado como El Incio. A forma xenuína, O Incio, repúxose en 1985; na mesma data, a súa capital pasa a ser A Cruz do Incio (VariacionesMunicipios).
Amais de dar nome ó concello lugués, O Incio está presente en tres das súas parroquias: San Pedro do Incio, Santa Mariña do Incio e O Incio (que ten como advocación Santa Cruz). Na parroquia do Hospital está a única igrexa románica de mármore da península ibérica., construída no séc. XII.
Documentación histórica
Antigua e medieval
N. Ares (Ares_TopGal I, 309-312) anota as diferentes atestacións na documentación medieval, desde o séc. VII, pero as máis antigas son de autenticidade discutida, como el mesmo detalla: así Vyniso 666, Onitio, Unitio 747. Consígnanse aquí as seguintes:
- "Castrum Sancte Eolalie cum ipsa Ecclesia Unicine Uallis" (restitución de Afonso II á igrexa de Lugo) 841 ESagrada, TVLugo, CDVisLugo
- "terras in Martini in Onitio" 854 TSamos
- "In Ualle Unicii: Castrum cum Ecclesia Sancte Eulalie et Sancti Felicis et Sancti Michaelis et Sancte Marine" (privilexio de Afonso III) 897 TVLugo
- "per terminos de sancta Maria de Onitio" 1080 TSamos
- "monasterii sancti Felicis de Onitio" 1103 TSamos
- "Infra fines Gallecie Suarnam cum ecclesiis de Fraxino, Uallem Longam, Neram, Flammoso, Sarriam, Paramo, Froiam, Unicio, Lemos usque ad fluuium Silum" 1105 CDACatOurense
- "Hospitali Sancti Johanis in Castrum Sancti Felicis de Unicio" 1188-1218 EncomendaSanXoán
- "sancto Pedro de Unicio" s.XIII CDOseira
Moderna
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org