ABBATINUS
Latino
Onomástica » Deantroponímico » Nombre personal
Nome persoal, do substantino abbatinus, diminutivo de abbas 'abade', seguramente de inspiración cristiá, pois non se acha nos repertorios antroponímicos latinos. Na toponimia galega deu lugar ós topónimos Abadín e Abedín e na portuguesa, Abadim, Abedim e Badim. Coa mesma base, na toponimia vasca hai descendentes de ABADIUS.
Redacción: Ana Boullón
Ana Boullón:
"
ABBATINUS
",
en Toponomasticon Hispaniae, proyecto financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Fecha: 10/05/2025