Passar para o conteúdo principal
Voltar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Acesso investigadores
esglcaeupt-ptast

Baña, A

Baña, A

Tipologia ou caracterização geográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

*AVANIA
Prerromano
Hidrotoponímia » Corrente

Ámbito semántico

Hidrotoponímia » Corrente

Derivado

Resumo geral

Dunha raíz hidronímica indoeuropea aw(e)-  ‘humedecer, mollar, fluír’, a partir do grao pleno *av-, e con sufixación común noutros nomes prerromanos.

Aspetos geográficos, históricos, administrativos

O nome designaba en principio o río que atravesa a zona, despois foi unha terra medieval, freguesía e actualmente concello.

O termo municipal (establecido no Real Decreto de 27-07-1835) reuniu parroquias que no Antigo Réxime pertenceran ás xurisdicións de Barcala, Dubra, Xallas, Lañas e San Xoán de Riba, da provincia de Santiago. O concello recibiu o seu nome do da parroquia onde se estableceu a casa consistorial, no lugar de San Vicenzo. Como sucede noutros casos, o nome do concello non se corresponde co de ningún núcleo de poboación concreto (NavazaConcellos). O concello constaba coa forma castelanizada ata o ano 1985, cando se establece a forma definitiva: A Baña. O 11 de abril do 2000 o nome da súa capital, San Vicente, mudou para San Vicenzo, conforme á forma tradicional (VariacionesMunicipios).

Informação específica de étimo para este topónimo

O carácter hidronímico da raíz prerromana, segundo BascuasHidron2014, é incontestable, posto que  Avania é o primitivo nome do río do lugar, que segue chamándose A Baña, leva a súas augas ao Tambre e dá nome ao val que rega: terra de Avania.  

Na súa evolución, a partir de Avania, o nome de lugar sufriu un falso corte porque o son inicial se interpretou como artigo, do mesmo xeito que ocorreu nos topónimos A Sionlla, O Grove, O Incio, O Mao e outros. A deglutinación iniciouse xa na Idade Media e foise consolidando co paso do tempo, como se ve nas documentacións históricas. Posteriormente, ese falso artigo foi castelanizado en parte nas fontes escritas e incluso se prescindiu del, ata que a forma galega se restaurou oficialmente no NG.

Documentação histórica

Antiga e medieval

  • “terra de Avania” 1153 TToxosoutos, p. 185 
  • “Johannes Petri de Auania” 1162 TToxosoutos, p. 481 
  • “cum tota terra sua quam maiorem ab antiquo habuit, videlicet cum Carnota, Entines, Ialles, Barcala, Avania et de Celtigos” 1209 TBSantiago  
  • "En Avãya hũu cassal et outro no camino de Padron" 1352-1412 Tenza1CatSantiago p. 108
  • "Jten ẽna Vaya duas quintas da jgleia de Sam Viçenço" 1352-1412 Tenza1CatSantiago p. 101
  • "Jten na Vaya duas quintas da jgleia de Sam Viçenço" 1352-1412 Tenza1CatSantiago p. 107
  • "Martin da Vãya" 1419 LCSantiago p. 162

Moderna

  • "beneficio de San Bicenço dabaña" 1527 AHUS
  • "feligresia de San Viçenço dabaña" 1536 AHUS
  • "feligresía de San Salvador dabaña, jurisdicción de Barcala" 1569 ACS
  • "felegresia de San Bicenço dabana" 1571 ACS
  • "filegressia de San Salbador da Baña, jurisdición del condado de Altamira" 1628 AHUS
  • "feligresia de San Salvador dabaña" 1646 AHUS
  • Abaña ~ La Baña  1752 CME 
  • San Vicente da Baña / San Vicente de la Baña 1760 CME-ABaña (PARES)
  • Baña 1806-1870 DicMadoz 

 

Ana Boullón:  "Baña, A", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Cerca: 01/03/2024
356
no-portugues

Coordenadas: -8.758265 42.962175

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
[aˈβaɲa̝]
Audio
Província
A Coruña
População
3415

Gentilíco e apelidos colectivos

Gentílico(s)

Bañense

Pseudogentílico(s)

Os da Maía (DTG).

Antropónimos originados pelo topónimo

Apelido
Baña
1274 ocurrencias
Fonte: CAG

Este topónimo xerou un apelido cos portadores concentrados hoxe no cadrante occidental da provincia coruñesa, coa maior densidade en Camariñas.

En España: Baña: ESP/1570: Fuera de Galicia; Biz: 27; Ca: 24;  B: 23; Gi: 20; Se: 17.

 

Apelido
Abaña
31 ocurrencias
Fonte: CAG

A variante máis etimolóxica é moito menos frecuente e consérvase sobre todo no concello de Padrón.

Nome
Não gerou nome pessoal

Bibliografia específica

Não há bibliografía

Assinaturas

Redação: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación contó con una ayuda para la consolidación y estruturación de unidades de investigación competitivas de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-