Rebordelos
Tipologia ou caracterização geográfica
Derivado
Resumo geral
Derivado de reboredo (< lat. ROBORETU 'carballeira') co sufixo diminutivo -ELLOS e síncope da vogal pretónica.
Aspetos geográficos, históricos, administrativos
É unha parroquia do concello de Carballo, coa advocación de San Salvador; tamén é o nome dun lugar da mesma parroquia.
Informação específica de étimo para este topónimo
En Galicia a voz máis común para o quercus robur é carballo (e os derivados respectivos), o colectivo derivado da voz latina tamén ocorre con certa frecuencia. Atopamos esta voz na documentación desde o séc. IX: "ipsam stratam Fontanelo et inde per Rebordellum" 914 HistoriaCatedralSantiago.
Documentação histórica
Antiga e medieval
- "San Salbador de Rebordelos" 1457 DocHCoruña.
Moderna
- "feligresia de San Salbador de Revordelos, jurisdiczión de la Villa de Cayón" 1752 CME-Rebordelos-Carballo
- "Rebordelos (San Salbador de): felig. en la prov. de la Coruña (3 leg.), dióc. de Santiago (7 4/2), part. jud. y ayunt. de Carballo (1 4/2). SIT. en el camino que por la costa se dirige a Malpica. (...) Pobl.: 65 vec., 335 almas" 1849 DicMadoz.
Paisagem toponímica próxima
Son numerosas as referencias toponímicas ao xénero quercus neste concello. Amais do nome desta parroquia, Rebordelos, hai outro lugar chamado O Reboredo na parroquia de Sofán. Levan nome prerromano o propio concello, Carballo (que tamén o é da parroquia e do lugar onde está a capital), hai un lugar Carballedo na devandita parroquia de Rebordelos e outro As Carballeiras na de Bértoa.
Cognatos e nomes de lugares relacionados
En Galicia hai outros catro lugares chamados Rebordelos (Val do Dubra, Santa Comba, Ordes e Carballo, na provincia da Coruña, e O Páramo, en Lugo) e un Os Rebordelos (Muras, Lu). En singular, Rebordelo, figuran 16 lugares e unha parroquia (Cotobade, Po). Tamén se rexistra co sufixo diminutivo moderno, Rebordiños (Vilalba, Esgos, e dous en Guitiriz, todos eles na Terra Chá luguesa) e en composición: Rebordondo (Cualedro, Ou, Portomarín e Taboada, Lu), Rebordochao (Monfero, Co) e Rebordondiego (O Saviñao, Lu); algúns levan un sufixo xentilicio: Rebordáns (Ponteceso, Negreira, Co), Rebordaos (tres na Coruña e tres en Lugo). Sen sufixo diminutivo nin síncope da vogal postónica: (A) Reboreda (sete), (O) Reboredo (61), en plural: Os Reboredos (un nas Pontes de García Rodríguez, Co) e un composto, Torreboredo (A Estrada, Po).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org