Mañón
Tipologia ou caracterização geográfica
Étimo
Resumo geral
De étimo descoñecido, posiblemente prerromano.
Aspetos geográficos, históricos, administrativos
O concello creouse en 1836 con parroquias pertencentes no Antigo Réxime ao Couto de Maañón (provincia de Betanzos) e a xursidición de Bares e Mogor (provincia de Mondoñedo). O nome vén do da parroquia onde se instalou a casa consistorial. A capital é a vila do Barqueiro. Constou como Maañón ata 1877, data en que se mudou a Mañón (NavazaConcellosCor).
Informação específica de étimo para este topónimo
De etimo descoñecido.
As atestacións históricas con -aa- e a pronuncia trisilábica da que aínda hai vestixios orais parecen indicar a caída dunha consoantes intervocálica, posiblemente -L- (cf. Maariz < MALARICI, Caamaño < CALAMANIO). Por tanto, pese ao parecido, parece que hai que rexeitar unha orixe compartida co leonés Omañón, da familia do nome do río Omañas (afluente do Luna, en León) que, segundo Bascuas, está formado polo tema hidronímico *Um-, a través de Umana co sufixo -ia, común na hidronimia (BascuasHidron_2002: 232).
Existiu un nome latino Malanius (Schulze_1966). A partir del, podería pensarse nun cambio de declinación, por influencia dos antrotopónimos xermánicos, en *Malanio; do seu xenitivo, adaptado á segunda declinación, *MALANIONI, ou do acusativo, *MALANIONE, podería proceder o topónimo actual. Pero non encontramos rastros dese nome na documentación medieval.
Documentação histórica
Antiga e medieval
- "señorío do couto de Manón" 1360 ARG
- "Santa Maria de Maanon" 1429 CDVilourente
- "Santa Maria de Maanon" [Arçiprestadgo d'Ortigueira] 1488 CDCatMondoñedo
Moderna
- "feligresía de Santa María de Maañón" 1752 CME-Maañón.
- "MAAÑON: ayuntamiento en la provincia de la Coruña ( t 3 leg.), diócesis de Mondoñedo (7), partido judicial de Sta. Marta de Ortigueira ( 2 ), distrito de Barquero, del tercio, provincia y departamento marítimo del Ferrol (1) SIT. sobre la orilla izquierda del r . Sor y costa Cantábrica. ... comprende las feligresia de Bares, Sta. Maria; Granas del Sor, San Mamed; Maañon, Sta. Maria (cap.); Mogor, Sta. María, y Riberas del Sor, San Cristóbal. ... Pobl: 4,032 vec., 4,909 almas" 1850 DicMadoz
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org