Passar para o conteúdo principal
Voltar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Acesso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Louro

Louro

Tipologia ou caracterização geográfica

Lugar
Parroquia
Elevación
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

LAURA, LAURU
Latino
Valoração » Cor

Resumo geral

Probablemente do adx. latino LAURUS 'loureiro', transformado en adxectivo de cor.

Aspetos geográficos, históricos, administrativos

Parroquia do concello de Muros, coa advocación de Santiago. Tamén nomea o núcleo da parroquia. Está situada ó pé do Monte Louro, con 241 m. de elevación, xusto na entrada da banda norte da ría de Muros e Noia.

Informação específica de étimo para este topónimo

É un dos adxectivos máis usados para expresar a cor negra na toponimia, por detras de mouro e en proporción semellante a negro (vid. Boullón_2019). Neste caso está motivado pola cor da vexetación do monte que lle dá nome á parroquia, que nalgún momento debeu destacar por ter cor verde moi escura (Blanco Quintela 2023).

Hai topónimos en que a motivación de cor está moi clara (Area Loura), aínda que non sempre a gama de cor a que se refiren, pois, dentro da reorganización do campo semántico das cores, a cor louro significou 'moi escuro case negro' (coma en vacaloura 'escornabois, insecto de cor moi escura, case negra') e tamén 'dourado, da dor do trigo' (aplicado ao cabelo) (Kristol_1978). Así se recolle no DRAG: "De cor castaña escura tirando a vermella, coma a da castaña madura. As vacalouras son de cor loura. 2 De cor castaña moi clara ou tirando á do ouro. Cabelo louro. SINÓNIMO: DOURADO. 3 Que ten o cabelo de cor castaña moi clara ou dourada. Un rapaz louro. Tamén substantivo. Un louro." En topónimos como Boilouro parece designar tamén a cor escura, como apuntan as secuencias medievais , “hũa vaca laura roxa et outra ruuya ruuyalua roxa” 1326 CDUniSantiago, “mouros … brancos e louros” CSM.

Con todo, se non hai un referente claro, non é posible saber se o topónimo se refire á cor ou ten outra orixe, coma o que lle propón RivasToponMarín, xunto co pontevedrés Loira (med. Loura): unha raíz oronímica *lor-/*lour-/*ler- 'roca, monte'. Segundo el, estes topónimos caracterízanse polo seu carácter oronímico, claro no monte Louro e tamén en Loira, polo "cerro rocoso en que se encarama" (p. 72). Tamén estaría presente na voz común louro "peñasco" que cita Valladares en 1884 (DdD). En apoio da existencia desta raíz, Rivas cita a raíz *laur-, *laura, *laurica 'cova, tobo' que Menéndez Pidal, A. Tovar e Corominas propoñen para o hispano lat. laurex 'cría de coello', e mais a relación que propón Hubscmid deste laurices co esp. lorca 'tobo de coello', cat. llorigó 'coelliño', port. loira, lura 'tobo', alb. lëre 'montón de pedras', friul. láure 'lastra de pedra'. Algún destes exemplos (o albanés) úsao Pokorny como exemplo da raíz ide. *lēu-2 : ləu- ‘pedra’ (IEW).

Por último, no caso dos hidrónimos (río Louro), tense proposto unha procedencia prerromana, a raíz ide. *lou-,  lou̯ə- (IEW), de onde pode proceder o lat. lavare (vid. Lavandeira). Esta raíz tamén podería estar na base dos ríos galegos Lores, Loiro, Lérez.

Documentação histórica

Antiga e medieval

  • "ecclesia Sancti Jacobi de Louro" 1195 TToxosoutos
  • "aliam seruicialiam in Lour et aliam in Pignario de Carnota et aliam in Tali. ... medietate de ipso de Lour et de Pignario et de Cornido" 1216 TToxosoutos
  • "Petro Fernandi de Noya dicto de Louro" 1248 TToxosoutos

Moderna

  • "Sanctiago de Louro" 1607 MemoriasHoyo
  • "Louro (Santiago de): felig. en la prov. de la Coruña (15 leg.),dióc. de Santiago (10), part. jud. y aynt. de Muros (1/2). Sit. en la falda sept. del monte Louro, el cual forma la punta de su cumbre á la entrada en la ria de Muros. ... Pobl.: 108 vec, 646 almas" 1850 DicMadoz.

Cognatos e nomes de lugares relacionados

Hai outros homónimos, pero probablemente de distinta orixe etimolóxica: un lugar do concello de Trabada do que descoñecemos se ten orixe hidronímica ou crematonímica (véxase LAURA, LAURU). Menos probable é que sexa un fitotopónimo (véxase LAURU), pois a voz usual en galego parte desta forma co sufixo -ARIU (loureiro). E tamén o río Louro, no concello de Valga, de obvio valor hidronímico (véxase *LAURU).

Poden ser cognados Loiro (parroquia e lugar en Barbadás, Ou) e (A) Loira (Moeche, Valdoviño, Fene, Co e Marín, Po), aínda que, como se explicou máis arriba, cómpre un estudo específico de cada unha das formas para determinar se é un cromatónimo, un orónimo ou un hidrónimo e aínda así, pode non haber sempre documentación ou información abonda para determinalo.

Ana Boullón:  "Louro", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 25-06-2025].
Cerca: 24/06/2025
4307
no-portugues

Coordenadas: -9.08108397 42.76203871

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
ˈlowɾo̝
Audio
Província
A Coruña
População
1.135 (2023)

Gentilíco e apelidos colectivos

Gentílico(s)
Sem dados
Pseudogentílico(s)
Sem dados

Antropónimos originados pelo topónimo

Apelido
Louro
1869 ocurrencias
Fonte: CAG

O apelido presenta dúas áreas de expansión: un ten claramente como foco o topónimo de Muros, pois ocupa os seus concellos estremeiros, coa maior densidade en Carnota. A outra ten gran concentración en Ordes, Culleredo e Carral, pero non hai topónimo no NG que conste nesa área.

Louro
Nome
Não gerou nome pessoal

Bibliografia específica

Não há bibliografía

Assinaturas

Redação: Ana Boullón

Monte Louro desde o outro lado da ría de Muros e Noia (Foto: Miguel Bugallo. Wikipedia Commons)

Monte Louro desde o outro lado da ría de Muros e Noia (Foto: Miguel Bugallo. Wikipedia Commons)

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación contó con una ayuda para la consolidación y estruturación de unidades de investigación competitivas de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-