*LAURU
Prerromano
Hidrotoponímia
Os diversos ríos Louro do territorio galego relacionáronse coa raíz ide. *lou-, lou̯ə- 'lavar' (IEW), da cal procede tamén o latín lavo. Presentaría un sufixo -ro- que se recoñece noutras raíces, coma no río Odra (da raíz ide. *aw(e)-, *awed-, *awer- 'humedecer, mollar, fluír’', cun elongamento awed-), Cirio (da raíz ide. *ḱei- 'cor (xeralmente escura)', Burriana (da raíz ide.*bher- ‘brotar, fluír, brillar') (vid. Bascuas_2014). Participarían desta raíz outros nomes de ríos como Lores ou Lérez.
De todas formas, non deixa de ser unha adscrición problemática, dada a homonimia co lat. LAURUS, que deu lugar a un nome de cor.
Redação: Ana Boullón
Ana Boullón:
"
*LAURU
",
en Toponomasticon Hispaniae, proyecto financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Cerca: 24/06/2025