Passar para o conteúdo principal
Voltar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Acesso investigadores
esglcaeupt-ptast

Corgo, O

Corgo, O

Tipologia ou caracterização geográfica

Lugar
Concello
Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

CŎRRŬGU
Prerromano
Hidrotoponímia » Corrente

Resumo geral

A voz corgo 'represa natural ou artificial nunha corrente de auga, que pode ser destinada a distintos usos', 'depresión do terreo que se enche de auga cando chove', 'camiño estreito e fondo que discorre entre elevacións do terreo', procede da voz cŏrrŭgus, presente no latín hispánico. 

Aspetos geográficos, históricos, administrativos

O territorio actual concello do Corgo estaban comprendido na Idade Media dentro do Condado de Chamoso (que incluía, amais deste concello, o de Castroverde, a maior parte de Láncar e Neira de Xusá, parte de Lugo e un pouco de Becerrea). O nome do antigo condado sobrevive na denominación de tres das súas parroquias. Véxase "El antiguo condado de Chamoso" en Ares_TopGal.

O concello constituíuse como tal en 1835 co nome de Corgo. Restituíuse a forma tradicional, con artigo (O Corgo) en 1985 (VariacionesMunicipios) e así quedou no NG de 2003. Inclúe 36 parroquias: Abragán, Adai, O Alto, Anseán, Arxemil, Bergazo, Cabreiros, Campelo, Camposo, Castrillón, Cela, Cerceda, Chamoso, O Corgo, Escoureda, Farnadeiros, Folgosa, Fonteita, Franqueán, Gomeán, Lapío, Laxosa, Maceda, Marei, Paradela, Pedrafita, Piñeiro, Queizán, Quinte, Sabarei, San Bargolomeu de Chamoso, San Cosme de Manán, Santo André de Chamoso, Santo Estevo de Farnadeiros, Santo Estevo de Folgosa, Segovia e Vilachá.

Informação específica de étimo para este topónimo

A voz está documentada en textos da Gallaecia desde o séc. VI, con valor toponímico e léxico:

  • "ad portum de Mirieus per illam aquam de Estolam usque in Durium et usque in faucem de Corrago" 569 Costa_BragaLiberFidei
  • "una terra ad illa Nave de Coreggo ad illas Barcenas" 867 DipAstur
  • "sex quartas seminatura iuxta illo corrago ubi aqua discurrit per ad ribulo" 956 CDVisLugo
  • "ipsa terra quomodo leuat se de larea Paterni et inde per corrogo qui discurrit de Linarelios" 948 TCelanova
  • " rivulum Corrago territorium Bracarense" 1088 Costa_BragaLiberFidei
  • "iacet subtus monte Ervilia, discurrente rivulo de Molinos fluente in Mineo vocabulo ecclesie sancti Salvatoris, et determinat per corrego de Avezan" 1101 TCelanova
  • "enno dicto noso couto de Bilar de Donas, con suas entradas et seydas como ban ata o termino de Santiago de Lygonde et ata a termino de Fernan Calçado et ata sobre lo Corgo na cabeça do monte" 1459 CDVilarDonas

Documentação histórica

Moderna

  • "feligresía de San Juan do Corgo" 1753 CME-OCorgo
  • "CORGO: ayunt. en la prov., dióc. y part. jud. de Lugo (2 leg.), aud. terr. y c.g. de la Coruña (16 1/2). ... Pobl.: 88 vec, 198 alm." 1847 DicMadoz

Cognatos e nomes de lugares relacionados

Amais do nome deste concello, parroquia e lugar, existen outro lugar Corgo (Oleiros, Co), oito O Corgo (Co3, Lu3, Ou1), dous Os Corgos (O Sabuiñao, O Vicedo, Lu) e o composto O Porto do Corgo (A Capela, Co). No nomenclátor portugués rexístranse 15 localidades Corgo, todas elas no norte. (Viana do Castelo, Braga, O Porto e Aveiro).

En español se registra Santa Cruz de los Cuérragos (Zamora).

Ana Boullón:  "Corgo, O", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 08-05-2025].
Cerca: 28/04/2025
5335
no-portugues

Coordenadas: -7.423694444 42.94094444

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
ˈkɔɾɣo̝
Audio
Província
Lugo
População
3.396 (2023)

Gentilíco e apelidos colectivos

Gentílico(s)

corgués, corguesa.

Pseudogentílico(s)
Sem dados

Antropónimos originados pelo topónimo

Apelido
Corgo
177 ocurrencias
Fonte: CAG

A maior parte dos seus portadores residen na Coruña e en concellos da Mariña luguesa e de Ortegal, o que parece indicar que o seu foco de expansión foi Os Corgos, no concello do Vicedo.

Corgo
Nome
Não gerou nome pessoal

Bibliografia específica

Ares Vázquez, Nicandro (2007): “Toponimia do concello do Corgo”, Lucensia 34, 37-62. Reeditado en Ares_TopGal.

Assinaturas

Redação: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación contó con una ayuda para la consolidación y estruturación de unidades de investigación competitivas de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-