Padrenda
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Derivado
Resumen general
É un derivado do latín PLATĂNUS, co sufixo colectivo -eta, con evolución semiculta, pois non presenta palatalización do grupo PL- (coma en PLORARE > chorar); o -r- resultante sufriu metátese. (Navaza_Fitotop p. 437-439).
Aspectos históricos e administrativos
Foi creado en 1836 co nome da antiga xurisdición de Milmanda, mais pasou a denominarse coa forma actual ó pouco tempo (FariñaJamardo_1990).
Documentación histórica
Antigua y medieval
A primeira atestación segura é de 1223, mais hai outra anterior, do 1187, que ben se podería referir ao lugar que estudamos aquí.
- "in villa que uocatur Pradaneda" 1187 CDRamirás p. 184
- "in ecclesia Pradaneda et Sancto Iohane de Crespis" 1223 TFiães p. 72
- "ad ipsam ecclesiam de Pradeneda" 1254 CDRamirás p. 309-310
- "cum foris de ecclesia sancti Cipriani de Pradaneda" 1256 CDRamirás 324-325
- "en a fleygisia de san Çribãõ de Predééda en no logar hu chaman Fereyros" 1284 CDRamirás p. 429
- "hun nosso casal que avemus en freigisia de san Cibrao de Pradeeda" 1289 CDRamirás p. 434
- "Viçente Anes, reytor da iglesia de san Çivrãão de Padreda" 1343 CDRamirás p. 494
- ""e el coto de Valongo, e el coto de Padrenda" 1486 CDRamirás p. 602
Moderna
Cognados
No NG recóllese este topónimo en Ramirás (Ou) e As Neves (Po). Tamén denomina este topónimo unha parroquia do concello de Meaño (Po) que ten un lugar chamado Padrenda de Abaixo. Así mesmo, existen Padreda,lugar e parroquia do concello de Vilar e de Barrio (Ou) e Pradeda nos concellos de Friol e Baleira (Lu) e mais os lugares Pradeda de Abaixo de Pradeda de Arriba do concello lugués de Carballedo. Estes resultados presentan, ademais da metátese do r (Padreda/Padrenda) as dúas posibilidades de evolución da resonancia nasal resultante da caída do -N-: ou ben a súa desaparición (Pradeda) ou ben a súa consolidación como consoante implosiva (Padrenda).
A forma masculina Padrendo é un lugar do concello de Lobios (Ou).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org