Ramirás
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Derivado
Resumen general
De RAMIRANES, derivado do nome de posesor masculino Ranimirus, de orixe xermánica, co sufixo étnico -ANES (HGNB p. 220). Ranimirus é un nome composto polas raíces góticas ran- 'fociño de porco bravo’ ou *rahna ‘roubo, rapina’ e mêereis 'famoso, célebre' (HGNB p. 219).
Aspectos históricos e administrativos
O concello de Ramirás naceu da fusión, en 1930, dos de Vilameá de Ramirás e Freás de Eiras (FariñaJamardo). Ata 1985 o seu nome oficial foi o castelanizado Ramiranes. Nese ano pasou a recuperarse a forma lexítima Ramirás (VariacionesMunicipios). Neste municipio sitúase o mosteiro de San Pedro de Ramirás, importante cenobio feminino medieval.
Documentación histórica
Antigua y medieval
- "Petro Salvadoriz genuit Nunu Petriz qui est in Ramiranes" 942 TCelanova p. 22-226
- "baselica fundata esse dinoscitur quod nuncupant monasterii Ramiranis" 1021 CDRamirás p. 179-180.
- "prioratum Sancti Petri de Rocas, monasterium de Ramiras" 1185 CDVaqueroOurense p. 132 - 134.
- "eu Johan Yanes de Louredo con mia moller Marina Peres uendemus a uos domna Maria Fernandes, Onna do moesteiro de Ramiraẽs" 1268 CDRamirás p. 357
- "et detis inde annuatim in alio die Natalis Domini VII solidos monete qualis tunc in terra ambulauerit monasterio Ramiraes" 1269 CDRamirás p. 367
- "Conosçuda cousa seia a quantos esta carta viren conmo eu domna Maria Fernandez Ona de Ramirás" 1269 CDRamirás p. 449
- " e a sua morte fique libre e quieto a o moesteiro de Ramiraas" 1292 CDRamirás p. 439.
- "Eu Giraldo Eeanes notario en Ramiraas por la Ona e conuento que esta carta figi" 1342 CDRamirás p. 493
- "Affonso Fernandes e Rodrigo Anes, raçoeiros sobreditos do dito moesteyro de san Pedro de Ramiraas" 1402 CDRamirás p. 548
- "Juan de Ramiraás e Fernán Ferrnandes, clérigo e outros" 1467 CDDevanceiros p. 148
Moderna
- "jurisdición de Ramiranes" 1753 CME - Ramirás - Ramirás.
- "Rubiás de Ramiranes" 1847 DicMadoz.
- "Tal é a eirexa de S. Pedro de Ramirás ou do Mosteiro" 1895 TILG (Antonio López Ferreiro, O castelo de Pambre).
- "pra que no Nomenclátor de Galicia se chame ós nosos pobos por os seus nomes enxebres , e non pasemos pola vergoña de que a Barbadás , lle poñan Barbadanes [...] Teixeira , a Teijeira ; a Teixugueiras , Teijugueiras ; a Ramirás , Ramiranes" (O Tío Marcos da Portela) 1917 TILG .
Cognados
A forma típica do bloque occidental, Ramiráns, aparece como lugar nos concellos do Porriño (Po) e A Estrada (Co). Ademais, preto de Ramirás, no concello de Castrelo de Miño, está o lugar de Ramiras.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org