Skip to main content
Tornar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Accesu investigadores
esglcaeupt-ptastan

Ramirás

Ramirás

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma del topónimo
Galego

Derivado

RANIMIRUS » -ANES

Resume xeneral

De RAMIRANES, derivado do nome de posesor masculino Ranimirus, de orixe xermánica, co sufixo étnico -ANES (HGNB p. 220). Ranimirus é un nome composto polas raíces góticas ran- 'fociño de porco bravo’ ou *rahna ‘roubo, rapina’ e mêereis 'famoso, célebre'  (HGNB p. 219).

 

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O concello de Ramirás naceu da fusión, en 1930, dos de Vilameá de Ramirás e Freás de Eiras (FariñaJamardo). Ata 1985 o seu nome oficial foi o castelanizado Ramiranes. Nese ano pasou a recuperarse a forma lexítima Ramirás (VariacionesMunicipios). Neste municipio sitúase o mosteiro de San Pedro de Ramirás, importante cenobio feminino medieval.

Documentación histórica

Vieya y medieval

  • "Petro Salvadoriz genuit Nunu Petriz qui est in Ramiranes" 942 TCelanova p. 22-226
  • "baselica fundata esse dinoscitur quod nuncupant monasterii Ramiranis" 1021 CDRamirás p. 179-180.
  • "prioratum Sancti Petri de Rocas, monasterium de Ramiras" 1185 CDVaqueroOurense p. 132 - 134.
  • "eu Johan Yanes de Louredo con mia moller Marina Peres uendemus a uos domna Maria Fernandes, Onna do moesteiro de Ramiraẽs" 1268 CDRamirás p. 357
  • "et detis inde annuatim in alio die Natalis Domini VII solidos monete qualis tunc in terra ambulauerit monasterio Ramiraes" 1269 CDRamirás p. 367
  • "Conosçuda cousa seia a quantos esta carta viren conmo eu domna Maria Fernandez Ona de Ramirás" 1269  CDRamirás p. 449
  • " e a sua morte fique libre e quieto a o moesteiro de Ramiraas" 1292 CDRamirás p. 439.
  • "Eu Giraldo Eeanes notario en Ramiraas por la Ona e conuento que esta carta figi" 1342 CDRamirás p. 493
  • "Affonso Fernandes e Rodrigo Anes, raçoeiros sobreditos do dito moesteyro de san Pedro de Ramiraas" 1402 CDRamirás p. 548
  • "Juan de Ramiraás e Fernán Ferrnandes, clérigo e outros" 1467 CDDevanceiros p. 148

Moderna

  • "jurisdición de Ramiranes"  1753 CME - Ramirás - Ramirás.
  • "Rubiás de Ramiranes" 1847 DicMadoz.
  • "Tal é a eirexa de S. Pedro de Ramirás ou do Mosteiro" 1895 TILG (Antonio López Ferreiro, O castelo de Pambre).
  • "pra que no Nomenclátor de Galicia se chame ós nosos pobos por os seus nomes enxebres , e non pasemos pola vergoña de que a Barbadás , lle poñan Barbadanes [...] Teixeira , a Teijeira ; a Teixugueiras , Teijugueiras ; a Ramirás , Ramiranes" (O Tío Marcos da Portela) 1917 TILG .

Cognaos y topónimos rellacionaos

A forma típica do bloque occidental, Ramiráns, aparece como lugar nos concellos do Porriño (Po) e A Estrada (Co). Ademais, preto de Ramirás, no concello de Castrelo de Miño, está o lugar de Ramiras.

Eduardo Louredo Rodríguez:  "Ramirás", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 26-11-2025].
Fecha: 10/11/2025
5999
no-portugues

Coordenadas: -8.025513 42.179024

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
ramiˈɾas
Audio
Ensin provincia
Ourense
Población
1.521 (2023)

Xentiliciu y nomatos coleutivos

Xentiliciu/-os

ramiranense

Pseudoxentiliciu/-os
Ensin datos

Antropónimos orixinaos pol topónimu

Apellíu
No ha generado apellido
Nome
Nun xeneró nome personal

Bibliografía específica

Nun hai bibliografía

Robla

Redaición: Eduardo Louredo Rodríguez

Revisión: Ana I. Boullón Agrelo

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyeutu I+D+I Toponomasticon Hispaniae ta financiáu pol MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación cuntó con una ayuda pa la consolidación ya estruturación d'unidaes d'investigación competitives de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Polítiques de privacidá
  • Polítiques de cookies
  • Contautu
-
-
-
-