AUREOLUS, AURIOLUS
Latino
Onomástica » Deantroponímico » Nombre personal
O nome Aureolus (ou Auriolus), usado por servos en época romana, é derivado de Aureus, e este de Aurum, tamén usado como cognomen en época romana a partir do significado do nome común, 'ouro' (KajantoCognomina). Na toponimia hispánica, a partir do seu uso como antropónimo altomedieval, deixou o gal. Ourol, port. Eirol (véxase Piel_Possesores).
Redacción: Ana Boullón
Ana Boullón:
"
AUREOLUS, AURIOLUS
",
en Toponomasticon Hispaniae, proyecto financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Fecha: 24/06/2025