Ourol
Tipología o caracterización geográfica
Étimo
Resumen general
De AUREOLI ou AURIOLI, xenitivo do nome de posesor Aureolus ou Auriolus, respectivamente, derivados de Aureus, e este de aurum 'ouro', tamén usado como cognomen en época romana (KajantoCognomina) e coñecido na documentación medieval do noroeste hispánico, desde o séc. X ata o XII.
Aspectos geográficos, históricos, administrativos
En 1833 as parroquias que hoxe constitúen o concello de Ourol pasaron a depender do concello de Viveiro. O actual concello de Ourol constituíuse en 1844; foi suprimido de forma transitorio en 1854 e 1868, pero a partir deste ano quedou definitivamente consituído. Nomeado coa súa forma castelanizada, Orol, que se comeza a ver na escrita a finais do séc. XVII, restituíuselle a súa forma xenuína, Ourol, en 1985 (VariacionesMunicipios).
Actualmente no escudo do concello figuran dous paxaros, por identificar o nome do concello co do ouriolo (Oriolus Oriolus), tamén chamado vichelocrego, de cor amarela e ás e rabo negro, que ten unha orixe etimolóxica semellante, pois procede do lat. aureolum 'dourado', por causa da súa cor.
Documentación histórica
Antigua e medieval
- "uilla prenominata Oriolis" 959 TSobrado
- "sancta Maria de Aurol" 1124 CalMondoñedo
- "Sancta Maria de Auriol" 1128 DocAfonsoVII
- "Johannes Johannis de Ourol" a.1260 CDFPallares
- "Santa Maria d'Ourol" 1488 CDCatMondoñedo
Moderna
- "Pedro de Ourol, escribán do rei" a.1532 ACS,
- "feligresia de Santa María d'Ourol" 1589 ACS
- "Pedro de Orol" a.1688, "don Juan de Orol y Tobar" a.1721 ARG
- "Feligresía de Santa María de Orol" 1753 CME-Ourol.
- OROL: ayun. en la prov. de Lugo (40 leg.), dióc. de Mondeñedo (6), part. jud. de Vivero (2), aud. terr. y c.g. de la Coruña (14). ... Pobl.: 1.784 vec., 8.742 alm." 1849 DicMadoz
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org