Skip to main content
Tornar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Accesu investigadores
esglcaeupt-ptast

Pobra de Trives, A

Pobra de Trives, A

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma del topónimo
Galego

Étimu

*PŎPŬLA
Romance
Hábitat humanu » Población
TĪBŬROS
Prerromano
Detoponímico » Xentilicio

Resume xeneral

Topónimo composto por Pobra, derivado regresivo do verbo pobrar, procedente do latín populare, e Trives, con xénese na formación prerromana Tiburos.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

En 1984, a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, estableceu como oficial a denominación A Pobra de Trives (canda A Pobra do Caramiñal e A Pobra do Brollón) para substituír a forma deturpada Puebla. Pobra non é a única forma usada na Idade Media, tamén se rexistran Pobla e Proba ( e variantes con v ou u). Porén, a elección da variante arcaica Pobla non sería coherente coas formas nobre e igrexa; e a de Proba  implicaría a homonimia co substantivo común proba. Ademais, como se pode comprobar na documentación medieval actualmente dispoñible, Pobra era a variante máis frecuente, polo que p 03/02/1994, Puebla de Trives pasou a nomearse A Pobra de Trives (VariacionesMunicipios). 

Información específica d'étimu pa esti topónimu

Pobra procede do verbo pobrar (< lat. populare), con síncope de vogal postónica e evolución do grupo bl > br, como ocorre noutras voces (cf. nobile > nobre). Postulouse tamén unha orixe no latín popŭla, pero esta voz non se documenta nos repertorios latinos clásicos nin nos de latín vulgar (DMLBS), nin no corpus documental latino do noroeste hispánico (CODOLGA). 

Trives, pola súa banda, procede de tibǔros, nome dun grupo étnico pertencente aos ástures, segundo Ptolomeo, ou aos celtas segundo P. Bosch Gimpera (apud Bascuas 2005: §48.2). A súa cidade principal, Nemetobriga, adoita situarse cerca deste concello ourensán. Nunha inscrición encontrada en Alberite (Logroño) hai constancia dunha muller chamada Iulia Tibura Natraei f., procedente ou descendente deste territorio, como indica o seu cognome. É verosímil que o nome dos Tiburi faga referencia a algunha realidade xeográfica, conforme a tendencia máis común dos étnicos prerromanos, posiblemente con vinculación hidronímica, coma hoxe teñen outros como A Xunqueira ou Os Lameiros, situados nesa zona, entre os ríos Navea e Bibei. Segundo Bascuas (2005: §48.2) a evolución de Tiburos a Trives foi a seguinte: Tibǔros > Tibĕros Tibros > Tibres (con relaxamento da vogal final) > Trives (con metátese).

 

Documentación histórica

Vieya y medieval

"Teporos" (con p por hipercorrección) 569 TVelloLugo pp. 298-300

"Addicimus etiam et homines quos ipse pontifex obtinuit in Caldelas et Tiberos siue et in Limia" 986 CDCelanova, pp. 211-215

"venditionis sicut et fecimus de vinea nostra propria quam abemus de nostro laborato. Et est ipsa vinea in territorio Tybris in villa quam vocitant Froyani, et discurrente rivulo Squadro circa ecclesiam vocabulo Sancti Felicis, de ipsa vinea clausa" 923 CDCelanova, pp. 82-83

"et de ipsas uillas in Caldelas et Tibros, Colinas et tercia parte de Baselisco" 934 CDCelanova, pp. 106-109

"et in Tibres hereditas et familia; et in Bergido hereditas que nobis testavit Rudericus Adaulfiz ad Burvia ad Sanctum Felicem" 1009 TSamos pp. 180-186

Moderna

"Puebla de Trives" 1752 CME

"Puebla de Trives" 1845-1850 DicMadoz

Cognaos y topónimos rellacionaos

Pobra

En territorio galego existen algúns cognados coa mesma evolución: 

  • Lugares: A Pobra de Parga (Guitiriz, Lu) e A Pobra (Mesía, Co).
  • Parroquias: A Pobra de San Xiao (Láncara, Lu)
  • Concellos: A Pobra de Trives (Ou) e A Pobra do Brollón (Lu).

Tamén existen outros con variación. Por unha banda, presentan metátese r:

  • A Proba (lugares na Guarda, Po, Oleiros, Co), A Proba de Burón (parroquia da Fonsagrada, Lu), A Proba de Navia (parroquia de Navia de Suarna, Lu), A Proba (parroquia de O Barco de Valdeorras, Ou), Proba (parroquia de Navia de Suarna, Lu), así como os derivados Probaos (parroquia de Cesuras, Co) e Probeiros (Monforte de Lemos, Lu).

Por outra banda, manifestan unha desaparición do -l- ao quedar en posición intervocálica: 

  • A Póboa (parroquia de Cacheiras, Teo, A Coruña); así tamén os derivados Poboeiros (parroquia de Castro Caldelas, Ourense), Poboanza (parroquia de Pazos de Rei, en Tui, Pontevedra) e Pobanza (parroquia de Castenda, Tordoia, A Coruña).

Este último resultado é o máis semellante ao portugués moderno, Póvoa, que a pesar de que coñeceu tamén os resultados Pobra e Pobla na Idade Media, acabou regularizándoos todos como Póvoa. 

Trives

  • Lugares: San Mamede de Trives e Trives (A Pobra de Trives, Ou)
Eduardo Louredo Rodríguez:  "Pobra de Trives, A", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Fecha: 01/12/2022
162
no-portugues

Coordenadas: -7.254925 42.340557

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
aˈpɔβɾa̝ðeˈtɾiβe̝s
Audio
Ensin provincia
Ourense
Población
2014

Xentiliciu y nomatos coleutivos

Xentiliciu/-os

Trivés, trivesa

Pseudoxentiliciu/-os
Ensin datos

Antropónimos orixinaos pol topónimu

Apellíu
No ha generado apellido
Nome
Nun xeneró nome personal

Bibliografía específica

Nun hai bibliografía

Robla

Redaición: Eduardo Louredo Rodríguez

Revisión: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyeutu I+D+I Toponomasticon Hispaniae ta financiáu pol MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación cuntó con una ayuda pa la consolidación ya estruturación d'unidaes d'investigación competitives de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Polítiques de privacidá
  • Polítiques de cookies
  • Contautu
-
-
-
-