Pobra de Trives, A
Tipología o caracterización geográfica
Étimo
Resumen general
Topónimo composto por Pobra, derivado regresivo do verbo pobrar, procedente do latín populare, e Trives, con xénese na formación prerromana Tiburos.
Aspectos geográficos, históricos, administrativos
En 1984, a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, estableceu como oficial a denominación A Pobra de Trives (canda A Pobra do Caramiñal e A Pobra do Brollón) para substituír a forma deturpada Puebla. Pobra non é a única forma usada na Idade Media, tamén se rexistran Pobla e Proba ( e variantes con v ou u). Porén, a elección da variante arcaica Pobla non sería coherente coas formas nobre e igrexa; e a de Proba implicaría a homonimia co substantivo común proba. Ademais, como se pode comprobar na documentación medieval actualmente dispoñible, Pobra era a variante máis frecuente, polo que p 03/02/1994, Puebla de Trives pasou a nomearse A Pobra de Trives (VariacionesMunicipios).
Información específica de étimo para este topónimo
Pobra procede do verbo pobrar (< lat. populare), con síncope de vogal postónica e evolución do grupo bl > br, como ocorre noutras voces (cf. nobile > nobre). Postulouse tamén unha orixe no latín popŭla, pero esta voz non se documenta nos repertorios latinos clásicos nin nos de latín vulgar (DMLBS), nin no corpus documental latino do noroeste hispánico (CODOLGA).
Trives, pola súa banda, procede de tibǔros, nome dun grupo étnico pertencente aos ástures, segundo Ptolomeo, ou aos celtas segundo P. Bosch Gimpera (apud Bascuas 2005: §48.2). A súa cidade principal, Nemetobriga, adoita situarse cerca deste concello ourensán. Nunha inscrición encontrada en Alberite (Logroño) hai constancia dunha muller chamada Iulia Tibura Natraei f., procedente ou descendente deste territorio, como indica o seu cognome. É verosímil que o nome dos Tiburi faga referencia a algunha realidade xeográfica, conforme a tendencia máis común dos étnicos prerromanos, posiblemente con vinculación hidronímica, coma hoxe teñen outros como A Xunqueira ou Os Lameiros, situados nesa zona, entre os ríos Navea e Bibei. Segundo Bascuas (2005: §48.2) a evolución de Tiburos a Trives foi a seguinte: Tibǔros > Tibĕros Tibros > Tibres (con relaxamento da vogal final) > Trives (con metátese).
Documentación histórica
Antigua e medieval
"Teporos" (con p por hipercorrección) 569 TVelloLugo pp. 298-300
"Addicimus etiam et homines quos ipse pontifex obtinuit in Caldelas et Tiberos siue et in Limia" 986 CDCelanova, pp. 211-215
"venditionis sicut et fecimus de vinea nostra propria quam abemus de nostro laborato. Et est ipsa vinea in territorio Tybris in villa quam vocitant Froyani, et discurrente rivulo Squadro circa ecclesiam vocabulo Sancti Felicis, de ipsa vinea clausa" 923 CDCelanova, pp. 82-83
"et de ipsas uillas in Caldelas et Tibros, Colinas et tercia parte de Baselisco" 934 CDCelanova, pp. 106-109
"et in Tibres hereditas et familia; et in Bergido hereditas que nobis testavit Rudericus Adaulfiz ad Burvia ad Sanctum Felicem" 1009 TSamos pp. 180-186
Moderna
Cognados y topónimos relacionados
Pobra
En territorio galego existen algúns cognados coa mesma evolución:
- Lugares: A Pobra de Parga (Guitiriz, Lu) e A Pobra (Mesía, Co).
- Parroquias: A Pobra de San Xiao (Láncara, Lu)
- Concellos: A Pobra de Trives (Ou) e A Pobra do Brollón (Lu).
Tamén existen outros con variación. Por unha banda, presentan metátese r:
- A Proba (lugares na Guarda, Po, Oleiros, Co), A Proba de Burón (parroquia da Fonsagrada, Lu), A Proba de Navia (parroquia de Navia de Suarna, Lu), A Proba (parroquia de O Barco de Valdeorras, Ou), Proba (parroquia de Navia de Suarna, Lu), así como os derivados Probaos (parroquia de Cesuras, Co) e Probeiros (Monforte de Lemos, Lu).
Por outra banda, manifestan unha desaparición do -l- ao quedar en posición intervocálica:
- A Póboa (parroquia de Cacheiras, Teo, A Coruña); así tamén os derivados Poboeiros (parroquia de Castro Caldelas, Ourense), Poboanza (parroquia de Pazos de Rei, en Tui, Pontevedra) e Pobanza (parroquia de Castenda, Tordoia, A Coruña).
Este último resultado é o máis semellante ao portugués moderno, Póvoa, que a pesar de que coñeceu tamén os resultados Pobra e Pobla na Idade Media, acabou regularizándoos todos como Póvoa.
Trives
- Lugares: San Mamede de Trives e Trives (A Pobra de Trives, Ou)
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org