*DUBRA
Prerromano
Hidrotoponimia
É un hidrónimo céltico que, segundo Bascuas_2014 procede de *dubro- 'auga, río', e este da raíz indoeuropea *dheu- 'dispersarse, po, etc.' (IEW s.v. dheu-4)), do cal tamén descenden o lit. dumblas ‘barro, limo’, let. dubl΄i ‘barro’, dumbris ‘pantano’, ingl. down ‘duna’, al. Düne; co desenvolvemento dheubh- 'brumoso, escurecido' daría lugar ao irlandés antigo dobur, galés dwfr, córnico dur, bretón dour ‘auga’ou o nome de río galo Vernodubrum.
Redaición: Ana Boullón
Ana Boullón:
"
*DUBRA
",
en Toponomasticon Hispaniae, proyecto financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Fecha: 04/11/2023