Skip to main content
Tornar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Accesu investigadores
esglcaeupt-ptast

Xunqueira de Ambía

Xunqueira de Ambía

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma del topónimo
Galego

Étimu

*AMBIA
Prerromano
Hidrotoponimia » Corriente

Derivado

IŬNCU » -ARIA, -ARIU

Resume xeneral

Topónimo formado polo fitónimo abundancial Xunqueira, que alude á presenza de xuncos, e o hidrónimo prerromano, probablemente celta, Ambía.

Documentación histórica

Vieya y medieval

  • "et alia villa quod nuncupant Ambia" 949 TCelanova p. 513 - 514
  • "ego mandavi per literas meas prioribus de sancta Maria de Iuncaria de Ambia" 1220 CDSEstevoRibasdeSil p. 265 - 266
  • "Ao moesteyro de Junqueira d'Ambia" 1287 CDDevanceiros p. 42
  • "Iohannes Fernandi, prior monasterii Sancte Marie de Junqueyra d’Ambia" 1480 CDSalvadorCelanova p. 430 - 432

Moderna

  • "Junquera de Ambia" 1752 CME
  • "Junquera de Ambia" 1845-1850  DicMadoz

Cognaos y topónimos rellacionaos

Atopamos Ambía (Santo Estevo) e Ponte Ambía (Santa María) como nomes de dúas parroquias do concello de Baños de Molgas (Ou). Na parroquia de Ponte Ambía están  as aldeas Ponte Ambía de Abaixo e Ponte Ambía de Arriba.

Cognados de Xunqueira hai moitos en Galicia, comezando polo concello de Xunqueira de Espadanedo (tamén lugar e parroquia). Ademais temos Xunqueira: A Fonsagrada (Lu), Monforte de Lemos (Lu), Touro (Co); A Xunqueira: Arzúa (Co), Cedeira (Co), Fene (x2) (Co), Gondomar (Po), Mazaricos (Co), Nigrán (Po), Ribadeo (Lu), Ribeira (Co), Vilalba (Lu), Vilanova de Arousa (Po), Xermade (Lu); Xunqueiras na Caniza (Po); e As Xunqueiras: Abadín (Lu), Mesía (Co), A Pobra do Caramiñal (Co). Atopámolo modificado en Xunqueira de Arriba e Xunqueira de Abaixo en Láncara (Lu); A Xunqueira de Lérez, Pontevedra; Coto de Xunqueira, A Fonsagrada (Lu); e Sas de Xunqueira, A Pobra de Trives (Ou). En Xunqueira de Ambía (Ou) temos Xunqueiroá.
En Portugal hai 23 lugares denominados Junqueira. 

Eduardo Louredo Rodríguez:  "Xunqueira de Ambía", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Fecha: 09/07/2024
Transcripción fonética
ʃuŋˈkejɾa̝ðamˈbia̝
Audio
Ensin provincia
Ourense
Población
1.374 (2020)

Xentiliciu y nomatos coleutivos

Xentiliciu/-os

xunqueirao, -á

Pseudoxentiliciu/-os
Ensin datos

Antropónimos orixinaos pol topónimu

Apellíu
Junqueira
11 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia

Trátase dunhha forma deturpada, mais que conserva o caracteristicamente galego ditongo -ei-. Dada a súa distribución, no parece probable que este apelido teña a súa orixe no concello estudado. 

Junqueira
Apellíu
Junquera
265 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia

Pode tratarse do apelido castelán Junquera ou da forma castelanizada da forma orixinal galega Xunqueira.

Junquera
Nome
Nun xeneró nome personal

Bibliografía específica

Nun hai bibliografía

Robla

Redaición: Eduardo Louredo Rodríguez

Revisión: Ana Isabel Boullón Agrelo

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyeutu I+D+I Toponomasticon Hispaniae ta financiáu pol MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación cuntó con una ayuda pa la consolidación ya estruturación d'unidaes d'investigación competitives de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Polítiques de privacidá
  • Polítiques de cookies
  • Contautu
-
-
-
-