Xunqueira de Ambía
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimo
Derivado
Resumo xeral
Topónimo formado polo fitónimo abundancial Xunqueira, que alude á presenza de xuncos, e o hidrónimo prerromano, probablemente celta, Ambía.
Documentación histórica
Antiga e medieval
- "et alia villa quod nuncupant Ambia" 949 TCelanova p. 513 - 514
- "ego mandavi per literas meas prioribus de sancta Maria de Iuncaria de Ambia" 1220 CDSEstevoRibasdeSil p. 265 - 266
- "Ao moesteyro de Junqueira d'Ambia" 1287 CDDevanceiros p. 42
- "Iohannes Fernandi, prior monasterii Sancte Marie de Junqueyra d’Ambia" 1480 CDSalvadorCelanova p. 430 - 432
Moderna
Cognados e topónimos relacionados
Atopamos Ambía (Santo Estevo) e Ponte Ambía (Santa María) como nomes de dúas parroquias do concello de Baños de Molgas (Ou). Na parroquia de Ponte Ambía están as aldeas Ponte Ambía de Abaixo e Ponte Ambía de Arriba.
Cognados de Xunqueira hai moitos en Galicia, comezando polo concello de Xunqueira de Espadanedo (tamén lugar e parroquia). Ademais temos Xunqueira: A Fonsagrada (Lu), Monforte de Lemos (Lu), Touro (Co); A Xunqueira: Arzúa (Co), Cedeira (Co), Fene (x2) (Co), Gondomar (Po), Mazaricos (Co), Nigrán (Po), Ribadeo (Lu), Ribeira (Co), Vilalba (Lu), Vilanova de Arousa (Po), Xermade (Lu); Xunqueiras na Caniza (Po); e As Xunqueiras: Abadín (Lu), Mesía (Co), A Pobra do Caramiñal (Co). Atopámolo modificado en Xunqueira de Arriba e Xunqueira de Abaixo en Láncara (Lu); A Xunqueira de Lérez, Pontevedra; Coto de Xunqueira, A Fonsagrada (Lu); e Sas de Xunqueira, A Pobra de Trives (Ou). En Xunqueira de Ambía (Ou) temos Xunqueiroá.
En Portugal hai 23 lugares denominados Junqueira.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org