EUBE
Prerromano
Hidrotoponimia
Eube (572, RiscoESagrada40), Euue (572, RiscoESagrada40), Iube (775, DiplPeríodoAstur1) e tamén Euvo (775, DiplPeríodoAstur1) e Eovo (1124, CDCatMondoñedo) son as formas protorromances documentadas do nome do río Eo. Bascuas (BascuasHidron_2002, §118.7-9) reconstrúe un étimo *Oiw-upe ou *Oiw-ube, formado por un primeiro elemento *oiw , da raíz indoeuropea *ei ‘ir’ e un segundo que contén a raíz hidronímica da mesma orixe *up ou uba ‘auga’.
Redaición: Luz Méndez
Luz Méndez:
"
EUBE
",
en Toponomasticon Hispaniae, proyecto financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Fecha: 16/11/2023