Vilafiz
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimu
Resume xeneral
Composto de vila e fiz < FĒLĪCE, xenitivo do nome de posesor de orixe latina Felix, "vila de Fiz".
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
Lugar e parroquia do concello de Friol (Lugo), con santa María como advocación.
Son dous os santos tradicionais que deron difusión a este nome, un do séc. III e outro do IV. Documéntase como haxiotopónimo (é advocación de 51 parroquias e figura no nome de 13 delas) e como nome de posesor.
Documentación histórica
Vieya y medieval
Non é seguro a cal dos topónimos Vilafiz, os tres situados na provincia de Lugo, corresponden as atestacións medieviais.
- "Sanctam Mariam de Uilla Felici" 897, 1078 TVelloLugo
- "uilla Purtimilios et uilla Plana, uilla Feliz , uilla Leocadi" 971 TSobrado
- "Nuno Jullãez de Villafijz (Sarria) 1274 DocSponer
- "Afonso de Vilafiins" a.1468, "Diego de Vilafiz" 1491 CDFPantón
Moderna
- "feligresía de Santa María de Villafiz" 1752 CME-Vilafiz_Friol.
Cognaos y topónimos rellacionaos
O nome persoal Felix deixou descendentes a partir del acusativo (FĒLĪCEM) e do xenitivo (FĒLĪCI, en Vilafiz e pode que en Fontefiz), que confluíron fonéticamente nas variantes Fiz e Fins. As dúas formas hoxe presentan distribución dialectal: Fins é propio da zona occidental galega onde hai seseo implosivo. Encóntranse sobre todo en haxiotopónimos ou en compostos.
A forma única, Fins, é un lugar de Cerceda (Ordes, Co). En compostos, hai outras dúas Vilafiz (Pantón, O Páramo, Lu) e dúas Fontefiz (Chantada, Lu, Coles, Ou). San Fiz é nome de 13 parroquias (Co, Lu, Ou) e 28 lugares. San Fins está presente no nome de dúas parroquias (Mazaricos e Vedra, Co) e de catro lugares (Cabana de Bergantiños, A Laracha e Negreira, Co) e mais no composto As Minas de San Fins (Lousame, Co).
En Portugal hai Sanfins (16), São Fins (2), São Pedro Fins e Donfins.
Finalmente, hay una forma Feces, que parece proceder del nominativo FĒLĬX, con variación del vocalismo con respecto a los anteriores.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org