Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Vilafiz

Vilafiz

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

VĪLLA
Latino
Hábitat humano » Poboación
FĒLĪX
Latino
Deantroponímico » Nome persoal

Resumo xeral

Composto de vila e fiz < FĒLĪCE, xenitivo do nome de posesor de orixe latina Felix, "vila de Fiz".

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Lugar e parroquia do concello de Friol (Lugo), con santa María como advocación.

Son dous os santos tradicionais que deron difusión a este nome, un do séc. III e outro do IV. Documéntase como haxiotopónimo (é advocación de 51 parroquias e figura no nome de 13 delas) e como nome de posesor.

Documentación histórica

Antiga e medieval

Non é seguro a cal dos topónimos Vilafiz, os tres situados na provincia de Lugo, corresponden as atestacións medieviais.

  • "Sanctam Mariam de Uilla Felici" 897, 1078 TVelloLugo
  • "uilla Purtimilios et uilla Plana, uilla Feliz , uilla Leocadi" 971 TSobrado
  • "Nuno Jullãez de Villafijz (Sarria) 1274 DocSponer
  • "Afonso de Vilafiins" a.1468, "Diego de Vilafiz" 1491 CDFPantón

Moderna

  • "feligresía de Santa María de Villafiz" 1752 CME-Vilafiz_Friol.

Cognados e topónimos relacionados

O nome persoal Felix deixou descendentes a partir del acusativo (FĒLĪCEM) e do xenitivo (FĒLĪCI, en Vilafiz e pode que en Fontefiz), que confluíron fonéticamente nas variantes Fiz e Fins. As dúas formas hoxe presentan distribución dialectal: Fins é propio da zona occidental galega onde hai seseo implosivo. Encóntranse sobre todo en haxiotopónimos ou en compostos.

A forma única, Fins, é un lugar de Cerceda (Ordes, Co). En compostos, hai outras dúas Vilafiz (Pantón, O Páramo, Lu) e dúas Fontefiz (Chantada, Lu, Coles, Ou). San Fiz é nome de 13 parroquias (Co, Lu, Ou)  e 28 lugares. San Fins está presente no nome de dúas parroquias (Mazaricos e Vedra, Co) e de catro lugares (Cabana de Bergantiños, A Laracha e Negreira, Co) e mais no composto As Minas de San Fins (Lousame, Co).

En Portugal hai Sanfins (16), São Fins (2), São Pedro Fins e Donfins.

Finalmente, hay una forma Feces, que parece proceder del nominativo FĒLĬX, con variación del vocalismo con respecto a los anteriores.

Ana Boullón:  "Vilafiz", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 17/08/2024
3599
no-portugues

Coordenades:-7.73299647 42.9801199

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
[bilaˈfiθ]
Audio
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
Sen datos

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Villafines
27 ocurrencias
Fonte: CAG

O apelido Villafines está castelanizado a partir da forma galega Vilafíns. Como na zona de Pontevedra onde hoxe están os portadores non hai ningún topónimo con esta forma, ou ben procede dun desaparecido ou vén da adaptación a esta zona dialectal dalgún dos lugueses Vilafiz.

Villafines
Nome
Fiz
122 ocurrencias
Fonte: IGE (2023)

O nome non procede deste topónimo concreto, senón máis ben do haxiotopónimo San Fiz.

Fiz

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-