San Xurxo de Vea
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimu
Resume xeneral
O nome persoal Xurxo vén do lat. tardío Georgius, e este do gr. Georgios, der. de georgós ‘labrego’. A forma galega pecha en u a vogal tónica por influencia do iode da sílaba seguinte. O santo tivo en Galicia bastante difusión, pois é advocación de 34 parroquias e haxiotopónimo en oito. O culto a este santo guerreiro oriental do s. IV difundiuse en occidente bastante pronto, e tivo novo pulo durante as Cruzadas (véxase a GNG, s.v. Xurxo).
E Vea é un hidrónimo prerromana, procedente da raíz indoeuropea wel- 'facer xirar',
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
San Xurxo de Vea é unha parroquia do concello da Estrada, que segue a ter como advocación o mesmo santo, San Xurxo. Foi culto antigo na península ibérica; en Galicia é advocación de 37 parroquias e haxiotopónimo en sete delas. O haxiotopónimo foi castelanizado de diversas formas a partir do séc. XVI, ata que se restituíu oficialmente a súa forma tradicional, adaptada á grafía do galego moderno, no NG 2003.
Vea é o nome dun afluente do baixo Ulla que deu nome a varias parroquias da Estrada (San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Santo André de Vea), no mesmo concello, aos lugares Riba de Vea e O Souto de Vea, e a Pontevea no veciño concello de Teo.
Información específica d'étimu pa esti topónimu
A evolución con u tónico de Georgius documéntase en Galicia desde o séc. XIII:
- "a igreja que he de San Jurjo de Aguas Santas" 1266 CDGH
- "Paazos de San Jurgo" 1272 DocsMSalazar
- "na igleia de San Iurgo de Çentule" 1334 CDOseira
- "San Jurjo de Goaa" 1407 CDVilourente
Esta é o resultado maioritario (actual San Xurxo), pero hai outros con perda da consoante inicial do nome e mantemento do t de santo (Santiurxo, Santurxo), con disimilación da segunda palatal (Sanxurdo) e, finalmente, con conservación do -O- orixinal (Santiorxo):
- "uilla que uocitant Pinioli, inter Sancto Ieorgio et sancto Pelagio" 1012 CDSCristinaRibasSil
- "ecclesiis, videlicet, de Villa Escura, de Canaval, de Spasandi, de Sancto Georgio, de Canedo" 1254 ESagrada
- "Diego de Sant Jorjo" 1430 DocSponer
Pola súa parte, a forma medieval Velegia evolucionou a Vea de forma regular (a grafía -gi- representa un iode que acaba desaparecendo).
Documentación histórica
Vieya y medieval
- "Sanctum Georgium de Uelegia" 912 CDSMPinario
- "sancti Saluatoris de Valoyra in terra de Velegia" 1269 CDSMPinario
- "ẽna fiigresia de San Jurjo de Vea" 1433 MinNotPontevedra
Moderna
- San Jurjo de Vea 1566 ACS
- San George de Vea 1607 MemoriasHoyo
- "feligresia de San Jorxe de Bea" 1753 CME-SanXurxodeVea
Cognaos y topónimos rellacionaos
San Xurxo é nome de dez lugares en cadanseu concello das provincias da Coruña (un), Lugo (seis) e Pontevedra (dous); tamén de seis parroquias. Son cognados seus, con distinta evolución do vocalismo e da inicial do nome os haxiotopónimos Santiorxo (lugar e parroquia en Sober, Lu, e lugar na Pobra do Brollón, Lu), Santiurxo (lugar no Castro Caldelas, Ou), Santurxo (lugar no Barco de Valdeorras, Ou) e Sanxurdo (Lalín, Po).
Son cognados de Vea, segundo Bascuas, as formas rematadas en -o Veo (cabo en Camariñas, Co) e Beo (lugar, monte e praia en Malpica, Co). Con consonantización do iode: Bexa (Marín, Po), Vexo (afluente do Mando e lugares en Brión e Laíño).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org