Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

San Xurxo de Vea

San Xurxo de Vea

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

SANCTA, SANCTU
Latino
Onomástica
GEŌRGIUS
Latino
Onomástica » Deantroponímico
*VELEIA
Prerromano
Hidronimia

Resumo xeral

O nome persoal Xurxo vén do lat. tardío Georgius, e este do gr. Georgios, der. de georgós ‘labrego’. A forma galega pecha en u a vogal tónica por influencia do iode da sílaba seguinte. O santo tivo en Galicia bastante difusión, pois é advocación de 34 parroquias e haxiotopónimo en oito. O culto a este santo guerreiro oriental do s. IV difundiuse en occidente bastante pronto, e tivo novo pulo durante as Cruzadas (véxase a GNG, s.v. Xurxo).

E Vea é un hidrónimo prerromana, procedente da raíz indoeuropea wel- 'facer xirar', 

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

San Xurxo de Vea é unha parroquia do concello da Estrada, que segue a ter como advocación o mesmo santo, San Xurxo. Foi culto antigo na península ibérica; en Galicia é advocación de 37 parroquias e haxiotopónimo en sete delas. O haxiotopónimo foi castelanizado de diversas formas a partir do séc. XVI, ata que se restituíu oficialmente a súa forma tradicional, adaptada á grafía do galego moderno, no NG 2003.

Vea é o nome dun afluente do baixo Ulla que deu nome a varias parroquias da Estrada (San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Santo André de Vea), no mesmo concello, aos lugares Riba de Vea e O Souto de Vea, e a Pontevea no veciño concello de Teo.

Información específica de étimo para este topónimo

A evolución con u tónico de Georgius documéntase en Galicia desde o séc. XIII:

  • "a igreja que he de San Jurjo de Aguas Santas" 1266 CDGH
  • "Paazos de San Jurgo" 1272 DocsMSalazar
  • "na igleia de San Iurgo de Çentule" 1334 CDOseira
  • "San Jurjo de Goaa" 1407 CDVilourente

Esta é o resultado maioritario (actual San Xurxo), pero hai outros  con perda da consoante inicial do nome e mantemento do t de santo (Santiurxo, Santurxo), con disimilación da segunda palatal (Sanxurdo) e, finalmente, con conservación do -O- orixinal (Santiorxo):

  • "uilla que uocitant Pinioli, inter Sancto Ieorgio et sancto Pelagio" 1012 CDSCristinaRibasSil
  • "ecclesiis, videlicet, de Villa Escura, de Canaval, de Spasandi, de Sancto Georgio, de Canedo" 1254 ESagrada
  • "Diego de Sant Jorjo" 1430 DocSponer

Pola súa parte, a forma medieval Velegia evolucionou a Vea de forma regular (a grafía -gi- representa un iode que acaba desaparecendo).

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "Sanctum Georgium de Uelegia" 912 CDSMPinario
  • "sancti Saluatoris de Valoyra in terra de Velegia" 1269 CDSMPinario
  • "ẽna fiigresia de San Jurjo de Vea" 1433 MinNotPontevedra

Moderna

  • San Jurjo de Vea 1566 ACS
  • San George de Vea 1607 MemoriasHoyo
  • "feligresia de San Jorxe de Bea" 1753 CME-SanXurxodeVea

Cognados e topónimos relacionados

San Xurxo é nome de dez lugares en cadanseu concello das provincias da Coruña (un), Lugo (seis) e Pontevedra (dous); tamén de seis parroquias. Son cognados seus, con distinta evolución do vocalismo e da inicial do nome os haxiotopónimos Santiorxo (lugar e parroquia en Sober, Lu, e lugar na Pobra do Brollón, Lu), Santiurxo (lugar no Castro Caldelas, Ou), Santurxo (lugar no Barco de Valdeorras, Ou) e Sanxurdo (Lalín, Po).

Son cognados de Vea, segundo Bascuas, as formas rematadas en -o Veo (cabo en Camariñas, Co) e Beo (lugar, monte e praia en Malpica, Co). Con consonantización do iode: Bexa (Marín, Po), Vexo (afluente do Mando e lugares en Brión e Laíño).

Ana Boullón:  "San Xurxo de Vea", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 04/05/2024
3768
no-portugues

Coordenades:-8.55523748 42.73205233

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
sanˈʃuɾʃo̝ðeˈβea̝
Audio
Provincia
Pontevedra
Poboación (INE)
291 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Sanjurjo
2948 ocurrencias
Fonte: CAG

O apelido Sanjurjo está maioritariamente castelanizado, de forma que non se adecúa nin gráfica nin foneticamente aos topónimos de que procede (San Xurxo). Os focos de expansión son probablemente o lugar de San Xurxo (Cazás, Xermade), a parroquia de San Xurxo de Moeche (Moeche) ou San Xurxo da Mariña (Ferrol).

Sanjurjo
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-