Pedroso
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimu
Derivado
Resume xeneral
Derivado de pedra co sufixo latino -OSU.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
A parroquia do concello de Narón ten a súa orixe no mosteiro medieval, coa mesma advocación, fundado en 1111 (foi obxecto de estudo e edición da súa colección diplomática por Cal Pardo en CDPedrosoTrasancos).
Información específica d'étimu pa esti topónimu
Os derivados de PETRA con este sufixo aparecen na documentación do noroeste hispánico desde o séc. VI:
- "de alia parte leuat se in Salbatur et uenit ad Castrum de Zauaga et uenit ad Petrosum Montem super Eruilie Lama" 572 TVelloLugo.
- "per arca que diuidet inter Cordario et uilla Riquilani, et feret ipso termino in Pedroso" 947 CDCoruña.
- "in villa Peazos quod dicitur Arcus siue et in Graua et castro Pedroso" 952 Cartulário_Guimarães.
- "villis nominatas Pedroso et Sene\a/res et in Occa" 1153 TToxosoutos.
Documentación histórica
Vieya y medieval
- "sancti Salvatoris de Petroso , quod est in terra de Trasanchos" 1120 CDPedrosoTrasancos
- "monasterio vestro, quem vocitant Petrosum" 1128 DocAfonsoVII
- "prior sancti Martini de Neda cf., prior sancti Saluatoris de Petroso" 1171 TSobrado
- "monasterium sancti Salvatoris de Pedroso" 1492 CDPedrosoTrasancos
Moderna
- "PEDROSO (San Salvador de): felig. en la prov. de la Coruña (10 leg.), dióc. de Mondoñedo (11), part. jud. del Ferrol (1), ayunt. de Naron (1/2). ... Pobl.: 200 vec., 800 almas" 1849 DicMadoz.
Paisax toponímicu de la rodiada
No mesmo concello hai outros topónimos relacionados semanticamente coa pedra: A Pedra, A Pedreira, A Pena, A Pena de Embade, A Pena Parda.
Cognaos y topónimos rellacionaos
En Galicia hai outra parroquia chamada Pedroso no concello de Rodeiro (Po), e, ademais, 13 lugares que conteñen a voz Pedroso, 16 Pedrosa, e tres Pedrosas.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org