Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Pedroso

Pedroso

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

PĔTRŌSA, PĔTRŌSU
Latino
Oronimia » Litonimia

Derivado

PĔTRA » -OSA, -OSU

Resumo xeral

Derivado de pedra co sufixo latino -OSU.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

A parroquia do concello de Narón ten a súa orixe no mosteiro medieval, coa mesma advocación, fundado en 1111 (foi obxecto de estudo e edición da súa colección diplomática por Cal Pardo en CDPedrosoTrasancos).

Información específica de étimo para este topónimo

Os derivados de PETRA con este sufixo aparecen na documentación do noroeste hispánico desde o séc. VI:

  • "de alia parte leuat se in Salbatur et uenit ad Castrum de Zauaga et uenit ad Petrosum Montem super Eruilie Lama" 572 TVelloLugo.
  • "per arca que diuidet inter Cordario et uilla Riquilani, et feret ipso termino in Pedroso" 947  CDCoruña.
  • "in villa Peazos quod dicitur Arcus siue et in Graua et castro Pedroso" 952 Cartulário_Guimarães.
  • "villis nominatas Pedroso et Sene\a/res et in Occa" 1153 TToxosoutos.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "sancti Salvatoris de Petroso , quod est in terra de Trasanchos" 1120 CDPedrosoTrasancos
  • "monasterio vestro, quem vocitant Petrosum" 1128 DocAfonsoVII
  • "prior sancti Martini de Neda cf., prior sancti Saluatoris de Petroso" 1171 TSobrado
  • "monasterium sancti Salvatoris de Pedroso" 1492 CDPedrosoTrasancos

Moderna

  • "PEDROSO (San Salvador de): felig. en la prov. de la Coruña (10 leg.), dióc. de Mondoñedo (11), part. jud. del Ferrol (1), ayunt. de Naron (1/2). ... Pobl.: 200 vec., 800 almas" 1849 DicMadoz.

Paisaxe toponímica próxima

No mesmo concello hai outros topónimos relacionados semanticamente coa pedra: A Pedra, A Pedreira, A Pena, A Pena de Embade, A Pena Parda.

Cognados e topónimos relacionados

En Galicia hai outra parroquia chamada Pedroso no concello de Rodeiro (Po), e, ademais, 13 lugares que conteñen a voz Pedroso, 16 Pedrosa, e tres Pedrosas.

Ana Boullón:  "Pedroso", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 16/11/2024
3848
no-portugues

Coordenades:-8.11084826 43.53500097

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
peˈðɾoso̝
Audio
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
697 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-