Castrelo do Val
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimu
Derivado
Resume xeneral
De CASTRELLU, diminutivo do latín castru co sufixo -ellu, e val (lat. VALLEM), en relación co val de Verín (tamén chamado de Monterrei ou do Támega).
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
O actual municipio está formado polas parroquias que no antigo réxime pertencían ás xurisdicións de Monterrei, Laza e Gondulfes, xunto coas do coutos de Servoi e Piornedo. Na súa constitución, engadíuselle o aditamento castelanizado del Valle para evitar a confusión con Castrelo de Miño e así figura en case todos os nomenclátores desde mediados do século XIX ata a década de 1980, en que se oficializou coa forma galega Castrelo do Val.
Documentación histórica
Moderna
Cognaos y topónimos rellacionaos
Ademais de localidades chamadas Castrelo e Castrelos, tamén hai en Galicia outros compostos como Castrelo do Miño, Castrelo de Abaixo, Castrelo de Cima, Castrelo de Arriba, Entrecastrelos, Penacastrelo, e os derivados Castreliños e Castrillón. O nomenclátor de Portugal recolle o lugar e parroquia de Castrelos e o lugar de Ponte Castrelos, no concello de Braganza.
No resto da Península encontramos Castrillo, máis frecuente en compostos, en Burgos, León, Palencia, Santander, Segovia, Valladolid e Zamora; Castrillino en León; Castrillejo en Palencia; e Castrillón en Asturias.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org