Skip to main content
Tornar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Accesu investigadores
esglcaeupt-ptastan

Castela

Castela

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Comarca
Idioma del topónimo
Galego

Étimu

CASTĔLLU
Latino
Hábitat humanu » Edificaciones

Resume xeneral

O topónimo provén do nominativo plural neutro CASTĔLLA do latín castellu (un diminutivo de castrum) coas acepcións de 'os castelos', 'terra de castelos'. O significado de castelo neste topónimo seguramente sexa moi disinto ó actual de 'fortaleza defendida por murallas e residencia dun señor', e máis ben deberemos interpretar esta voz como 'unidade básica de agrupamento de comunidades da antiga Gallaecia' (FrutosFdezRibeiro, pp. 93-98) ou como 'villa fortificada, de menor entidade cá civitas e maior có vicus' (Isla_TerminologíaRural). 

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Na Estoria de Espanna de Afonso o Nono (Afonso X o Sabio para a historiografía española moderna) cítase a Castela galega (rexistrada co exónimo Castiella no texto) como unha das terras do departimento "que el rey Theodemiro fizo" (EstoriaEspanna, p. 632). Teodomiro gobernou no reino suevo de Galicia entre os anos 559 e 570, polo cal se acepta que esta terra medieval da Gallaecia existía xa no século VI e é anterior á rexión histórica que naceu no norte de Burgos.

Castela abranguía terras dos concellos actuais do NO ourensán: O Irixo, Piñor, San Cristovo de Cea, Avión, Boborás, O Carballiño, Leiro, Melón e Ribadavia. O padre Sarmiento infórmanos de que foi un condado e un arcediagado que comprendía 68 parroquias orixinarias e que logo integrou 31 máis do territorio de Orcellón (parroquias do N dos actuais concellos de Boborás e O Carballiño). Como tamén recolle Sarmiento, a mediados do século XVIII xa debía ser pouco usual esa denominación para ese territorio, pois nin foráneos nin galegos entendían a expresión "castellanos de Orense" (Sarmiento_CastellanosOurense).

Documentación histórica

Vieya y medieval

  • In Castella villa Trasarici, ad ecclesiola Pinzana, Dornellas, Cusanca a.887 TumboSobrado
  • in territorio Castella, in ripa fluuii Auie, in uilla Reuordanos a.955 HistoriaCatedralSantiago
  • episcopo in Auria domino Ioanne, tenente Castela de Bubal domino Nuno Gundisalvi a.1270 CDSClodioRibeiro
  • Pedro de Meomaes, notario del rey en Orcellon, en Bubal, en Castela, no Bolo de Senda a.1272 CDOseira

Moderna

  • beneficio con cura de San Cristóbal de Miadal, que hes en el arcedianazgo de Castela a.1523 AHUS
  • Jerónimo Gómez, arcediano de Castela a.1609 ACS

Cognaos y topónimos rellacionaos

Castilla

Luz Méndez:  "Castela", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 07-08-2025].
Fecha: 31/07/2025
Transcripción fonética
kasˈtɛla
Ensin provincia
Ourense
Población
Ensin datos

Xentiliciu y nomatos coleutivos

Xentiliciu/-os

castelao, -á

Pseudoxentiliciu/-os
Ensin datos

Antropónimos orixinaos pol topónimu

Apellíu
Castela
Apellíu
Castelao
593 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia

Castelao é o xentilicio correspondente á antiga terra de Castela.

Nome
Nun xeneró nome personal

Bibliografía específica

Sarmiento, Fr. Martín  (1969): "Castellanos de Orense" do P.M. Fr. Martín Sarmiento Grial, 26, pp.413-420 (edición de Isidoro Millán González-Pardo)

Robla

Redaición: Luz Méndez

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyeutu I+D+I Toponomasticon Hispaniae ta financiáu pol MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación cuntó con una ayuda pa la consolidación ya estruturación d'unidaes d'investigación competitives de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Polítiques de privacidá
  • Polítiques de cookies
  • Contautu
-
-
-
-