Skip to main content
Tornar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Accesu investigadores
esglcaeupt-ptast

Entrimo

Entrimo

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Parroquia
Idioma del topónimo
Galego

Étimu

ĬNTĔR
Latino
Valoración » Allugamientu, orientación
*IMIO
Prerromano
Hidrotoponimia

Resume xeneral

Composto do latín inter 'entre' e a palabra prelatina imio 'río', equivalente a "entre ríos", posiblemente referido á súa situación entre o río Limia e os afluentes Río da Montaña e Río do Agro.

 

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Foi unha antiga xurisdición da provincia de Ourense, composta polas freguesías de Entrimo, A Illa e Venceáns, dependente do rei e do conde de Ribadavia, segundo Madoz. O actual concello está composto, ademais, polas de Galez e A Pereira.

Información específica d'étimu pa esti topónimu

Aínda que Bascuas considera a posibilidade de que se trate dunha formación totalmente prerromana, por coidar que inter ‘entre’ pode ser a adaptación latina dunha forma prerromana, como as equivalentes air. eter, córn. ynter, yntre, bret. entre, que rexistra IEW, conclúe que o máis probable é que sexa un composto híbrido.
 

Documentación histórica

Vieya y medieval

  • Interimio 938 TCelanova
  • "ecclesia de Intrimo c. 942-977 TCelanova
  • "sancti Salvatoris de Interimii" 1149 TCelanova

Por outro lado, documéntase como Interipio en dúas ocasións, de identificación incontrovertible:

  • "in valle Interipio... Grau [localidade e río Grou, afl. do Limia]... Monte Longo [Montelongo, Lobei-ra]... Cadones [Cadós, Muíños]... Rubiales [Rubiás, Calvos de Randín]… Fervenza ubi dicent Quintanella [Quintela, l. de Grou, Lobios]" 1097
  • valle quam vocitant Interipio, una ubi dicent Paramius vocabulo eclesie sancti Salvatoris [O Salvador de Torno, Lobios], alia in villa Asperello [Asperelo, Entrimo]... subtus monte Leporario [Serra do Laboreiro] 1118

Bascuas_2014 considera que se trata dunha traslación de Interimio co latín ripa 'beira', o que demostra que nesa altura aínda era claro o sentido hidronímico de Imio, pero, como ía perdéndose, os escribas tentaron darlle sentido mediante a palabra latina.

Moderna

  • "feligresía de santa María de Entrimo" 1753 CME-Entrimo.
  • "ENTRIMO: ayunt. en la prov. y dióc. de Orense (10 leg.), part. jud. de Bade (3) aud. terr. y c. g. de la Coruña (21). SIT. al estremo SO de la prov. y confines con Portugal. ... Pobl.: 554 vec., 3.320 almas" Madoz.

Cognaos y topónimos rellacionaos

Segundo Bascuas_2014, son cognados: 

  • Imo (Dodro, Co), situado na beira do río Ulla e e atestado como Sanctum Iulianum de Imio 1115 HistoriaCatedralSantiago
  • Imia, o correspondente feminino, atestado como nome antigo do actual A Faeira (As Pontes de García Rodríguez, Co): "ecclesia de sancto Petro de  Imia" 936 TCaaveiro. Quizá era o nome primitivo do curso alto do río Eume.
Ana Boullón:  "Entrimo", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 08-05-2025].
Fecha: 28/04/2025
5875
no-portugues

Coordenadas: -8.118727786 41.93273127

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
enˈtɾimo̝
Audio
Ensin provincia
Ourense
Población
1.098 (2023)

Xentiliciu y nomatos coleutivos

Xentiliciu/-os

Entrimense

Pseudoxentiliciu/-os
Ensin datos

Antropónimos orixinaos pol topónimu

Apellíu
No ha generado apellido
Nome
Nun xeneró nome personal

Bibliografía específica

Nun hai bibliografía

Robla

Redaición: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyeutu I+D+I Toponomasticon Hispaniae ta financiáu pol MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación cuntó con una ayuda pa la consolidación ya estruturación d'unidaes d'investigación competitives de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Polítiques de privacidá
  • Polítiques de cookies
  • Contautu
-
-
-
-