Entrimo
Tipoloxia o caracterització xeogràfica
Étimo
Resum general
Composto do latín inter 'entre' e a palabra prelatina imio 'río', equivalente a "entre ríos", posiblemente referido á súa situación entre o río Limia e os afluentes Río da Montaña e Río do Agro.
Aspectes geogràfics, històrics, administratius
Foi unha antiga xurisdición da provincia de Ourense, composta polas freguesías de Entrimo, A Illa e Venceáns, dependente do rei e do conde de Ribadavia, segundo Madoz. O actual concello está composto, ademáis, polas de Galez e A Pereira.
Información específica de étimo para este topónimo
Aínda que Bascuas considera a posibilidade de que se trate dunha formación totalmente prerromana, por coidar que inter ‘entre’ pode ser a adaptación latina dunha posible forma prerromana, como as equivalentes air. eter, córn. ynter, yntre, bret. entre, que rexistra IEW, conclúe que o máis probable é que sexa un composto híbrido.
Documentació històrica
Antiga i medieval
- Interimio 938 TCelanova
- "ecclesia de Intrimo c. 942-977 TCelanova
- "sancti Salvatoris de Interimii" 1149 TCelanova
Por outro lado, documéntase como Interipio en dúas ocasións, de identificación incontrovertible:
- "in valle Interipio... Grau [localidade e río Grou, afl. do Limia]... Monte Longo [Montelongo, Lobei-ra]... Cadones [Cadós, Muíños]... Rubiales [Rubiás, Calvos de Randín]… Fervenza ubi dicent Quintanella [Quintela, l. de Grou, Lobios]" 1097
- valle quam vocitant Interipio, una ubi dicent Paramius vocabulo eclesie sancti Salvatoris [O Salvador de Torno, Lobios], alia in villa Asperello [Asperelo, Entrimo]... subtus monte Leporario [Serra do Laboreiro] 1118
Bascuas_2014 considera que se trata dunha traslación de Interimio co latín ripa 'beira', o que demostra que nesa altura aínda era claro o sentido hidronímico de Imio, pero, como ía perdéndose, os escribas tentaron darlle sentido mediante a palabra latina.
Moderna
Cognats i topònims relacionats
Segundo Bascuas_2014, son cognados:
- Imo (Dodro, Co), situado na beira do río Ulla e e atestado como Sanctum Iulianum de Imio 1115 HistoriaCatedralSantiago
- Imia, o correspondente feminino, atestado como nome antigo do actual A Faeira (As Pontes de García Rodríguez, Co): "ecclesia de sancto Petro de Imia" 936 TCaaveiro. Quizá era o nome primitivo do curso alto do río Eume.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org