Vés al contingut
Volver a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Manzaneda

Manzaneda

Tipoloxia o caracterització xeogràfica

Concello
Idioma del topònim
Castelán

Ámbito semántico

Fitonímia

Derivat

MĂT(T)IĀNA, MĂT(T)IĀNU » -ĒTA, -ĒTU

Resum general

É forma castelanizada de Maceda, a cal procede do substantivo mat(t)iana ‘mazá’, co sufixo abundancial –eda (< lat. –ēta).

Aspectes geogràfics, històrics, administratius

Pertence á comarca da Terra de Trives. 

Información específica de étimo para este topónimo

En latín clásico a mazá denominábase malum. A forma mat(t)iana(m) provén do antropónimo Matius, persoa a quen se lle debe a difusión desta árbore polo mundo romano, segundo Plinio (Navaza_Fitotop: 340). Manzaneda é un substantivo de tipo abundancial coa base mazá e o sufixo –eda (< lat. –ēta). O resultado esperable en galego é Maceda, mais Manzaneda é unha  “forma castelanizada, co n adventicio da primeira sílaba, característico da forma castelá manzana, e mais a conservación do –n–  intervocálico ante o sufixo” (Navaza_Fitotop: 343-344). Segundo este autor, “o castelanismo Manzaneda só se consolidou a partir do s. XVIII” e apunta como un dos factores que puido favorecer o seu uso a vontade de distinguir as poboacións de Maceda de Limia, denominada actual e oficialmente Maceda, e Maceda de Trives, actual e oficialmente Manzaneda (Navaza_Fitotop: 344).

Documentació històrica

Antiga i medieval

  • “In Mazaneda hereditate que fuit de los capedudos tota est realenga” a.1200-1233, CDMontederramo, p. 289
  • “Pedro Pérez de Maçaneda, con mía muler dona Elvira” a.1257, CDMontederramo, p. 378
  • “aqela erdade en Seoane de Maceeda” a.1269, CDMontederramo, p. 445
  • “Tereyia Álvarez de Maçẽeda” a.1270 CDMontederramo, p. 451
  • “Johán Sánchez, púplico notario do conçello de Maçãeda” a.1271 CDMontederramo, p. 461
  •  “Mazeed[a]” a.1275 CDMontederramo, p. 522
  • “a Marque Iohanes de Maçaeda, XXII soldos de carne” a.1282 CDSobradodeTrives, p. 115
  • “su sino de San Martino de Maçeenda” a.1332 CDMontederramo, p. 1268
  • “ssu signo de Ssan Martino de Maçeda” a.1346 CDMontederramo, p. 1533
  • “adega que nós avemos [en]na villa de Maçẽeda de Trivis” a.1375, CDMontederramo, p. 1762

Moderna

  • “Manzaneda de Tribes”, 1752- CME - Manzaneda - Manzaneda
  • “Manzaneda”, 1845-1850 DGEH-Madoz 

Cognats i topònims relacionats

O lugar de Cabeza de Manzaneda, na parroquia de Santa María de Cova, concello da Pobra de Trives; sitúase alí unha estación de montaña onde se pode practicar o esquí.
A forma galega Maceda dá nome ao concello da provincia de Ourense xa citado. Na provincia de Lugo hai dúas parroquias (e dous lugares) con este nome nos concellos do Corgo e Palas de Rei e mais outros dous lugares da mesma provincia, dos concellos de Castroverde e Outeiro de Rei. Por último, este topónimo denomina unha parroquia e un lugar no concello coruñés de Melide.

Eduardo Louredo Rodríguez:  "Manzaneda", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 11-11-2025].
Data: 10/11/2025
427
no-portugues

Coordenades:-7.234883 42.310223

Les coordenades a l'estat espanyol procedeixen de l'IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripció fonètica
manθaˈneða̝
Audio
Província
Ourense
Població
843

Gentilici i renoms col·lectius

Gentilici(s)

macedés, -esa

Pseudogentilici(s)
Sin datos

Antropónims originats pel topònim

Cognom
No ha generado apellido
Nom
No ha generat nom personal

Bibliografía específica

No hi ha bibliografia

Signatures

Redacció: Eduardo Louredo Rodríguez

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación contó con una ayuda para la consolidación y estruturación de unidades de investigación competitivas de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidad
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-