Vés al contingut
Volver a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Louro (río)

Louro (río)

Tipoloxia o caracterització xeogràfica

Río
Idioma del topònim
Galego

Étimo

*LAURU
Prerromano
Hidronímia

Resum general

Posiblemente deriva dunha raíz hidronímica indoeuropea *lou-,  lou̯ə- (IEW), da cal procede tamén o latín lavare.

Aspectes geogràfics, històrics, administratius

Afluente do Miño no seu tramo final, pola súa marxe dereita. Nace na parroquia de Cepeda (concello de Pazos de Borbén) e desemboca en Tui. Ten unha lonxitude de 30 km.

Documentació històrica

Antiga i medieval

  • "in ripa fluvii Lavre villam quam dicunt Suveretum et ecclesiam sancti Martini episcopi" 951 TSamos.
  • "ad montem Altum et intra in fluuium Laur in portu de Urbaneli et uadit (...) ad Aquileiram et ad fogium Lupalem atque ad montem super Soueredo" 1095 DocUrraca
  • "Basilica fundata esse dinocitur territorio Tudensis Sedis, secus rivulum Minei, et alia parte Laure, sub Alpe a loco Tude nuncupato" 1071 DocGarcíaII
  • "in illam antam de super Figeirola et de Laur usque in sanctum Iulianum de Alogia" 1112 DocUrraca
  • "flumine Lauri" 1156 DocAfonsoVII
  • "castrum ad montem Oloye... in fluuium Laur" 1169 DMPort. Regios (apud RivasTopMarín 72)

Existen atestacións doutro río Louro non identificado nos textos medievais:

  • "ipsas villas territorio Lemaos, secus rivulo Laure" 886 TCelanova, CDCelanova.

Moderna

  • "LOURO: r. de la prov. de Pontevedra: tiene su origen en una fuente de la felig. de Cepeda, ayunt. de Borben. Durante su curso, que en lo general es de N. á S., baña por su izq. dicha felig., las de Nespereira, Louredo, Porriño y Guillarey, y por su der. las de Mos, Pontellas, Musende, Sta. Comba y Rebordanes; confluyendo en el r. Miño cerca de la c. de Tuy, en cuyas inmediaciones da su nombre á unas llanuras llamadas Vegas de Louro. Hay sobre él varios puentes mas ó menos considerables, distinguiéndose entre ellos el llamado de Senlle mas arriba del Porriño en la carretera de Vigo, y el denominado Puente Nuevo en la felig. de Guillarey sobre el camino de Tuy y poco antes de su confluencia en el espresado Miño. Por der. é izq. recibe distintos arroyos, y sus aguas dan impulso á varios molinos harineros, fertilizan diferentes terrenos, y crian anguilas, truchas y otros peces menudos." DicMadoz

Paisatge toponímic proper

O Val da Louriña é unha comarca histórica formada polos concellos de Mos e O Porriño, procedente deste río Louro que é o que orixinal o Val. Actualmente é un arciprestado eclesiástico. Esta motivación teñen tamén o lugar A Louriña do Porriño. Segundo Búa (2018: 94) non porta o sufixo románico -īna senón o preromano *-īnia. O resultado é indistinguible foneticamente, pero a opción pola opción preromana débese a que "o sufixo románico adoita ser moi consecuente na formación de derivados masculinos en -iño a partir de bases en -o e femeninos en -iña a partir de bases en -a". Este sería un argumento máis para considerar que Louro é un hidrónimo prelatino, e non un descendente románico.

A parroquia de Ribadelouro (Tui) débelle tamén o nome ao río.

 

 

Cognats i topònims relacionats

Amais do Val da Louriña e Ribadelouro, citados na paisaxe toponímica próxima, hai outro río Louro na provincia de Pontevedra, concello de Valga (desemboca no río Ulla), que deu lugar a un nome de lugar na parroquia de Setecoros, que anteriormente foi o da parroquia de Cordeiro, con santa Comba como atestación, atestada desde o s. XII:

  • "in concurrentia sancte Columbe de Laur; villam Uallelias. in terra Luparie" 1142 CDGH
  • "ecclesia sancte Columbe de Lauro" 1151 CDSMPinario.
  • "Louro, Pistomarcos" s.XII CrIriense (coas variantes Lour, Hour, Our, segundo o manuscrito; na versión medieval deste documento, a Crónica de Iria, Louro). Identificada por García Álvarez, o editor do texto, con esta parroquia de Valga, sobre o río Louro.
  • "in Coruelion et in Loencio, et in Ruuiaes et in Carrazedo et in Lauro et Cordario et in Portela, et in Morania" 1240 CDSMPinario
  • "Sancta Comba de Louro. ... de la juridiçion de Cordero" 1607 MemoriasHoyo.
  • "Louro (Sta. Columba): felig. en la prov. de Pontevedra (4 leg.), dióc. de Santiago (4), part. jud. de Caldas de Reyes (2), aynt. de Valga (1/2)" 1850 DicMadoz

Tamén recibe este nome un lugar do concello de Trabada; descoñecemos se ten orixe hidronímica ou crematonímica (véxase LAURA, LAURU). Menos probable é que sexa un fitotopónimo (véxase LAURU), pois a voz usual en galego parte desta forma co sufixo -ARIU (loureiro).

 

Ana Boullón:  "Louro (río)", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 25-06-2025].
Data: 24/06/2025
4328
no-portugues

Coordenades:-8.634996 42.06371

Les coordenades a l'estat espanyol procedeixen de l'IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripció fonètica
ˈlowɾo̝
Audio
Província
Pontevedra
Població
Sin datos

Gentilici i renoms col·lectius

Gentilici(s)
Sin datos
Pseudogentilici(s)
Sin datos

Antropónims originats pel topònim

Cognom
No ha generado apellido
Nom
No ha generat nom personal

Bibliografía específica

No hi ha bibliografia

Signatures

Redacció: Ana Boullón

Río Louro (Tui). (Información xeográfica de Galicia, Xunta de Galicia)

Río Louro (Tui). (Información xeográfica de Galicia, Xunta de Galicia)

Río Louro (Valga). Información xeográfica de Galicia, Xunta de Galicia)

Río Louro (Valga). Información xeográfica de Galicia, Xunta de Galicia)

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación contó con una ayuda para la consolidación y estruturación de unidades de investigación competitivas de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidad
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-