Figueiroá
Tipología o caracterización geográfica
Parroquia
Idioma del topónimo
Galego
Derivado
FĪCUS »
+ -ARIA/-ARIU + -ŎLA/-ŎLU
Resumen general
Derivado de figueira co sufixo diminutivo -ŎLA.
Aspectos geográficos, históricos, administrativos
Parroquia do concello de Sober, coa advocación de san Salvador.
Información específica de étimo para este topónimo
Atopamos atestacións deste tipo de topónimos desde o séc. IX no ámbito galego e portugués:
- "Perenna Figeirola" 840 Costa_BragaLiberFidei
- "Sanctum Ciprianum de Ficariola" 900 CDACatOurense
- "aqua de ipsa arrogio intrat in rivulum Lerz, & inde per veream de Figueiroa" 916 ESagrada, vol. XIX.
- "n Comiar uillas quatuor, Figueirola uadi uia de Saccati in prono integro" 969 DocCoruña
- "ubi dicent Castinaria Gondini et in Figeirola la ecclesia uocabulo Sancti Iacobi apostoli" 1059 Cartulário_Guimarães
- "in illam antam de super Figeirola et de Laur usque in sanctum Iulianum de Alogia" (Tui) 1112 DocUrraca
- "ad ecclesie Sancti Uincencii de Aquas Sanctas in villas que clamant Figeiroa de unam medietatem de ipsa villa de Figeiroa que clamant de Ueraro" 1234 TToxosoutos.
Documentación histórica
Antigua e medieval
- "uilla que uocitant Figueiroa sub signo Sancti Saluatoris" 1231 CDSCristinaRibasSil_Rz
- "o dito lugar de Figeiroãã" 1413 CDF_Pantón
Cognados y topónimos relacionados
Este sufixo diminutivo produciu tres resultados no territorio galego (vid. PérezCapelo_2015):
- Figueiroa: o máis frecuente (ata 23 topónimos no NG).
- Figueiroá, con desprazamento acentual: dúas parroquias, unha esta do concello de Sober e outra en Paderne de Allariz (Ou).
- Figueiró, con redución de -oa> -ó: unha aldea en Gondomar e unha parroquia en Tomiño (Po). É tamén a solución característica do portugués.
Ana Boullón: "Figueiroá",
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
[consultado en 21-11-2024].
Fecha: 07/04/2024