Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Figueiroá

Figueiroá

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Derivado

FĪCUS » + -ARIA/-ARIU + -ŎLA/-ŎLU

Resumo xeral

Derivado de figueira co sufixo diminutivo -ŎLA.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Parroquia do concello de Sober, coa advocación de san Salvador.

Información específica de étimo para este topónimo

Atopamos atestacións deste tipo de topónimos desde o séc. IX no ámbito galego e portugués:

  • "Perenna Figeirola" 840 Costa_BragaLiberFidei
  • "Sanctum Ciprianum de Ficariola" 900 CDACatOurense
  • "aqua de ipsa arrogio intrat in rivulum Lerz, & inde per veream de Figueiroa" 916 ESagrada, vol. XIX.
  • "n Comiar uillas quatuor, Figueirola uadi uia de Saccati in prono integro" 969 DocCoruña
  • "ubi dicent Castinaria Gondini et in Figeirola la ecclesia uocabulo Sancti Iacobi apostoli" 1059 Cartulário_Guimarães
  • "in illam antam de super Figeirola et de Laur usque in sanctum Iulianum de Alogia" (Tui) 1112 DocUrraca
  • "ad ecclesie Sancti Uincencii de Aquas Sanctas in villas que clamant Figeiroa de unam medietatem de ipsa villa de Figeiroa que clamant de Ueraro" 1234 TToxosoutos.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "uilla que uocitant Figueiroa sub signo Sancti Saluatoris" 1231 CDSCristinaRibasSil_Rz
  • "o dito lugar de Figeiroãã" 1413 CDF_Pantón    

Cognados e topónimos relacionados

Este sufixo diminutivo produciu tres resultados no territorio galego (vid. PérezCapelo_2015):

  • Figueiroa: o máis frecuente (ata 23 topónimos no NG).
  • Figueiroá, con desprazamento acentual: dúas parroquias, unha esta do concello de Sober e outra en Paderne de Allariz (Ou).
  • Figueiró, con redución de -oa> -ó: unha aldea en Gondomar e unha parroquia en Tomiño (Po). É tamén a solución característica do portugués.
Ana Boullón:  "Figueiroá", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 28/04/2025
3813
no-portugues

Coordenades:-7.56496971 42.4317147

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
fiɣejɾoˈa
Audio
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
46 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Figueroa
4883 ocurrencias
Fonte: CAG

Aínda que o censo do INE non inclúe os acentos, e por tanto non se pode discriminar se estamos ante unha forma aguda ou grave, o máis probable é que os apelidos correspondan a Figueroa (grave). Esta aparece maioritariamente castelanizada, quizais por influencia dun título nobiliario que se creou coa forma deturpada en 1675 e relacionado coa Torre de Figueiroa (Abegondo); así, hoxe é unha forma diferente da dos topónimos de que procede (Figueiroa). Un dos seus principais focos é, efectivamente, a Torre de Figueiroa de Abegondo.

Figueroa
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-