Pasar al contenido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Xabrega

Xabrega

Tipología o caracterización geográfica

Río
Idioma del topónimo
Galego

Étimo

*SENABRECA
Prerromano
Hábitat humano » Población

Resumen general

De orixe prerromana, composto probablemente polas raíces celtas *sen- 'vello' (IEW), brig- 'outeiro fortificado' e o sufixo -aica, que adoita formar adxectivos, moitos deles con valor xentilicio (limego, brañego, cebreirego, chairego...).

Aspectos geográficos, históricos, administrativos

A documentación máis antiga, do séc. IX, parece referirse a unha igrexa, con san Pedro como advocación, da cal hoxe non hai trazas. Máis tarde (do séc. X ao XIII) aparece nomeando un porto de paso no río Sil, hoxe mergullado no actual encoro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Nese punto houbo unha barca ata a construción do encoro, na metade da década do séc. XX. Ese porto, segundo G. Rodicio (2000) formaría parte do trazado dunha antiga vía romana. O nome procede do dun castro, ao pé do cal se constriuíu hai pouco un embarcadoiro para o catamarán (o dos Chancís), nas obras do cal atopáronse restos antigos, como muíños de man. Actualmente Xabrega é o nome dun afluente do Sil, que discorre pola parroquia de Anllo, desauga no encoro de Santo Estevo e aparece nos mapas tamén co nome Regato do Camilo. 

Circula por internet unha forma esdrúxula, pero os informantes locais confirman (e reivindican) a forma con acento na segunda sílaba, que tamén é a que aparece rexistrada como nome de terras en Galicia Nomeada, nun lugar próximo á desembocadura do río e do actual embarcadoiro, onde se localiza un castro. Con este uso leva artigo, A Xabrega.

 

Información específica de étimo para este topónimo

A forma medieval máis etimolóxica parece ser Senabreca. A primeira parte pode ser identificada coa raíz celta *sen- 'vello' (IEW 1691), de onde tamén o lat. senex. A segunda parte debe conter a raíz tamén celta brig- 'outeiro fortificado', presente en moitos topónimos galegos rematados en -bre (Xobre, Barallobre, Alcobre...) ou coa variante con metátese (O Grove, Montrove...). Para explicar o -g- Carlos Búa apunta a unha posible conservación da consoante orixinarioa, ou "ser adxectivos en *‑bri‑co‑ derivados de topónimos en *‑bri‑" (Búa TopPrelatina 159). Ultimamente, en comunicación persoal, o mesmo autor propón como étimo *Senabri(g)aica, isto é, un sufixo -aica engadido ós primeiros compoñentes. Os resultados dese sufixo, -ego/-ega (con ['ɛ]) están hoxe en adxectivos xentilicios (limego, cebreirego, chairego, brañego) ou co matiz 'relativo a", como en cabrego “relativo ou pertencente á cabra” ou castañego ‘semellante á madeira do castiñeiro pero de inferior calidade” (DRAG). Por tanto, o significado do composto sería algo como "do castro vello". Gonzalo Navaza, en comunicación persoal, apunta a posibilidade de que se tratase dun xentilicio de Sanabria, que ten a mesma composición.

 

Documentación histórica

Antigua e medieval

  • “ecclesiarum mearum Sancte Marie Bulmenti et Sancti Petri de Sanabrega” 876 CDSCristinaRibasSil
  • “inter portos Sanabreca et Palumbario” 921 CDSEstevoRibasSil
  • “ipsum portum de Senabreca” 921 CDSEstevoRibasSil, 1150 DocAfonsoVII [privilexio de restauración do mosteiro, outorgado por Ordoño II no ano 921, confirmado por Afonso IX en 1214]
  • “cum portu de Senabrega” 1214 CDSEstevoRibasSil

Moderna

  • Seabrega 1517 CDSEstevoRibasSil
  • "Rigueiro de Jabrega" 1753 CME-SMartiñoAnllo-Sober
  • "Un molino arinero de una rueda muele seis meses al año al sitio de Jabrega" (expediente de comprobación de bens, rentas e cargas da feligresía de San Martiño de Anllo, Arquivo General de Simancas) 1760 PARES

Cognados y topónimos relacionados

Os dous primeiros compoñentes deben estar presentes tamén en Sanabria (documentado como Senabria 569, coa forma medieval galega Seabra), territorio Senabria a. 1067, nome da parte occidental do actual concello de Cinfães, Viseu; Sabrexo < a. 1499 Seabrejo, Carbia, Vila de Cruces, Pontevedra;  Senabregio a. 950, entre Miño e Douro;  Sauto de Senabregio s. X en Galicia; Monte Xiabre, Vilagarcía, Pontevedra (< *Senabre). (Búa_ToponimiaPrelatina 202).

Na Sierra de Gádor, no municipio de Dalías (Almería), existe unha zona que se chama Jabrega (mapa do IGN 1:25.000). Se non é topónimo transportado, o parecido só pode ser casual.

Ana Boullón:  "Xabrega", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Fecha: 29/04/2025
4144
no-portugues

Coordenadas: -7.632541 42.410757

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
ʃaˈβɾɛɣa̝
Provincia
Lugo
Población (INE)
Sin datos

Gentilicio y apodos colectivos

Gentilicio(s)
Sin datos
Seudogentilicio(s)
Sin datos

Antropónimos originados por el topónimo

Apellido
No ha generado apellido
Nombre
No ha generado nombre personal

Bibliografía específica

G. Rodicio, M. Antonio. 2000. “O porto Senabrega e a posíbel vía romana Chaves-Monforte”, Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares 10, 16-23.

Firmas

Redacción: Ana Boullón

Contribucións: Carlos Búa, Gonzalo Navaza.

Río Xabrega (Información xeográfica de Galicia, Xunta de Galicia), co curso resaltado en amarelo

Río Xabrega (Información xeográfica de Galicia, Xunta de Galicia), co curso resaltado en amarelo

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación contó con una ayuda para la consolidación y estruturación de unidades de investigación competitivas de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidad
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-