Pasar al contenido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Sobrado

Sobrado

Tipología o caracterización geográfica

Concello
Idioma del topónimo
Galego

Étimo

*SŬPĔRĀTU
Latino
Hábitat humano

Resumen general

Probablemente do latín SUPERATO, derivado de super 'arriba', para indicar a planta superior dunha casa. Na Idade Media designaba calquera edificio de máis dunha planta.

Aspectos geográficos, históricos, administrativos

Hai moita documentación deste topónimo desde o séc. X, porque alí foi fundado un mosteiro nesa época, polo conde de Présaras. No séc. XII, a casa de Traba refundouno con monxes cistercienses.

O concello constituíuse en 1836 con parroquias que no Antigo Réxime pertenceran á xurisdición de Sobrado e ao couto de Codesoso (antiga provincia de Betanzos), con dúas parroquias máis de Mesía (provincia de Santiago). Debido á importancia do mosteiro, é común escoitar a denominación Sobrado dos Monxes.

Información específica de étimo para este topónimo

O topónimo foi obxecto de varias interpretacións etimolóxicas.  Meyer-Lübke considerouno derivado de sŭper, sŭpra (REW). Andrés Martínez Salazar (1922) detallou as diferentes grafías coas que aparece na documentación medieval: Superatu, Suberadu e Superaddo, fundamentalmente. Esta última parece unha grafía hiperculta "homólogo  del pres.  ind.  del  verbo  latino  que  significa  'añado  encima,  sobre­pongo',  del  inf. superaddire", Superato "alto,  muy  alto,  aven­tajado,  superior,  excelso,  sobresaliente,  calificativos  que  no iban  mal  al  monasterio  ni  a  la  villa", voz que tamén deu lugar á galega sobrado "piso alto dunha casa". O autor desbota a posible metáfora orográfica, pois o mosteiro está situado nunha chaira e, con retranca, engade: "y aun cuando la villa, en los diez siglos transcurridos desde el año 936 en que se le nombra villa ludosa (lodosa, llena de barro) haya mejorado su clima y saneado su suelo, no es creíble que el del monasterio haya podido hundirse, con los edificios, hasta ponerse al nivel del llano, ni hay noticia de que allí se sintiese en la Edad Media algún movimiento sísmico" (p. 135).

Amais desta posibilidade, Martínez Salazar menciona o cognome latino Superatus, pero el mesmo dá conta da estrañeza que supón non dar lugar a unha forma en xenitivo, como é usual nos nomes de posesores.

Finalmente, como fixera antes Sarmiento, considera a opción máis probable que sexa un derivado colectivo de suber 'sobreira', cun sufixo -atu, co significado 'plantación de sobreiras', tendo en conta a extensa familia  toponímica deste fitónimo: Sobreira, Sobral, Sobreiral, Sobredo, Sobroso, Sobrosa (vid. Navaza_Fitotoponimia § 213).

Máis tarde, cando J. M. Piel (1952) revisou esta proposta, puxo de relevo a súa dificultade morfolóxica, posto que "o sufixo -ado é inconciliável com a função colectivo-local que implicitamente lhe atribuem, quer dizer que não pode exprimir, associado a um nome de planta ou árvore, a noção que lle dão -al, -oso e -edo" (p. 264). Ademais, a maioría das atestacións medievais, con p, apuntan a un derivado de super, non de suber. E a mesma documentación cita o cambio de nome: o nome antigo, Ludosa, "cedeu o passo a superatu / Sobrado em virtude de um edifício importante aí construído pelos fundadores" (p. 264). Por último, achega testemuños léxicos, tanto en galego coma en portugués, das acepcións de sobrado: "Para poder assumir uma função toponímica, o vocábulo tinha forçosamente de se referir a uma construção toda, e não apenas a parte dela", é dicir, 'casa cun andar superior', e non 'andar'.

Corominas propuxo "probablemente del latín SŬPERADDĬTUM 'añadido encima de otra cosa', de SUPERADDERE, compuesto de SUPER y ADDĔRE 'añadir'. ... Siptizer ... lo explica a partir de SUPERATUM, lo cual no conviene por el sentido ni ofrece ningunha ventaja fonética sobre SUPERADDITUM" (DCECH s.v. sobre). Agora ben, pensamos que desde o punto de vista semántico está plenamente xustificado a súa procedencia de SUPERATU e, ademais, como tamén dixo José Luis Pensado, aínda que as dúas propostas son perfectamente sostibles, a documentación medieval avoga máis ben por unha base superatum e as grafías que presentan -dd- son máis tardías (PensadoLexAsturiana), propias, como xa dixera Martínez Salazar, dunha intención hipercultista dos escribas. Esta tamén foi a proposta de García de Diego, que inclúe Sobrado entre os derivados de superare (DEEH, s.v.).

 

:

 

Documentación histórica

Antigua e medieval

  • "villa Superaddo" 916 TSobrado
  • "ipsa uilla in ualle Presares, iuxta fluuium Tamare, uocabulo Ludosa cognomento Superato" 936 TSobrado
  • "in territorio Presares, uilla quod nuncupant Superato discurrente riuulo Tamare, ego nos Hermegildus et Paterna" 952 TSobrado (escritura de fundación do mosteiro)
  • "Sancti Iacobi de Superado" 952 TSobrado
  • " villa que vocitant Superaddo secus fluvium Tamare" 962 DocSobrado
  • "monachi Suberadi" 1168 DocSobrado
  • "dominio monasterio Sobradu" 1172 DocSobrado
  • "Abbade de Sobrado" 1257 DocsMSalazar
  • "Sancta Maria de Sobrado" 1262 CDVilarDonas

Moderna

  • "Lugar de Sobrado, feligresía de san Pedro de Porta" 1752 CME-PortaSobrado
  • "SOBRADO: v. y cap. del ayunt. de su nombre en la prov. de la Coruña (8 1/2 leg.), dióc. de Santiago (8), part. jud. de Arzúa (3) y felig. de San Pedro de Porta. ... Pobl.: 215 vec., 4.055 alm." 1849 DicMadoz.

Cognados y topónimos relacionados

Existen máis topónimos Sobrado: amais deste concello e outro homónimo no Bierzo (León), está presente no nome de 36 lugares das catro provincias galegas e 18 en Portugal, amais de Sobrados en Vila Real (Portugal). Tamén nos derivados Sobradelo (Co2, Ou2, Po5, e seis máis en Portugal) e a forma rematada en -a Sobrada (Cuntis, Po, Ponte de Lima, Portugal). Para esta última, Nicandro Ares propón o plural de (aedificia) superata ‘edificios altos’ ou (villa / ecclesia) superata: 'vila/igrexa en sitio alto, eminente' (Ares_2011). En Portugal tamén se rexistra o diminutivo Sobradinho (Faro, Viseu).

En asturiano, Sobráu; en castelán, Sobrado (Burgos), Soberado (Santander, citado por PensadoLexAsturiana) e o derivado Sobradillo (Zamora, Salamanca). No entanto, Sobradiel (Zaragoza) é un falso cognado de Sobradelo, posto que ten outra orixe.

Ana Boullón:  "Sobrado", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 08-05-2025].
Fecha: 28/04/2025
4884
no-portugues

Coordenadas: -8.022187808 43.04031852

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
soˈβɾaðo̝
Audio
Provincia
A Coruña
Población (INE)
1777 (2023)

Gentilicio y apodos colectivos

Gentilicio(s)

Sobradés, sobradesa.

Seudogentilicio(s)
Sin datos

Antropónimos originados por el topónimo

Apellido
Sobrado
1338 ocurrencias
Fuente: CAG

Non está claro cal é o foco do apelido, dada a abundancia de topónimos Sobrado.

Sobrado
Nombre
No ha generado nombre personal

Bibliografía específica

Martínez Salazar, A. (1922): “Alrededor de un étimo: Sobrado”, BRAG 12, 143/144, 353-361. Reed. en Algunos temas gallegos, A Coruña: RAG,  vol. 2, 1981, 125-138. [Ed. facs. en liña]: [2022], <https://doi.org/10.32766/rag.80>

Piel, Joseph M. (1952): “Sobrado. Perfil histórico de uma palavra”, Brasília 7, 191-199. Reed. en Estudos de linguística histórica galego-portuguesa. [Lisboa]: Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 1989, pp. 263-269.

 

Firmas

Redacción: Ana Boullón

Mosteiro de Sobrado (Wikimedia Commons)

Mosteiro de Sobrado (Wikimedia Commons)

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación contó con una ayuda para la consolidación y estruturación de unidades de investigación competitivas de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidad
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-