Xunqueira de Espadanedo
Tipología o caracterización geográfica
Ámbito semántico
Derivado
Resumen general
Topónimo constituído por Xunqueira, a preposición de, e Espadanedo. Os dous substantivos son fitónimos de carácter abundancial e aluden á presenza de xuncos e espadanas no lugar.
Aspectos geográficos, históricos, administrativos
Ata 1857 a denominación oficial foi Junquera de Espadanedo, a partir dese momento denominouse oficialmente como Junquera de Espadañedo. En 1985 restaurouse a forma orixinal galega: Xunqueira de Espadanedo.
Información específica de étimo para este topónimo
Tanto o sufixo -eira (<-ARIA) coma -edo (< -ETU) son de carácter abundancial.
Segundo Navaza_Fitop (p. 242), o termo espadana dá nome a varias especies das "tifáceas ou iridáceas, con follas semellantes a unha espada, de aí o seu nome". No mesmo lugar, este autor propón o termo SPATHA acompañado do sufixo -ANNA- , mais este é denominado por Corominas / Pascual (DCECH, s. v. espada) como "estraño".
Documentación histórica
Antigua e medieval
- "concedo omnem meam hereditatem quam visus sum habere, villam quam vocant Spataneto", a. 973 TSamos p. 398-399
- "Petro Ordoni, scilicet ecclesie sancti Juliani de Iuncaria de Espadanedo abbati", a. 1174 CDXunqueiraEspadanedo_Pereira p. 169 - 170
- "Sancti Iuliani de Iuncaria de Espadanedo", 1174 CDMontederramo p. 211
- "Domingu Eanes, notaro en Costa de Sadur et en tera de Iuncaria d'Espadanidu", 1269 CDMontederramo p. 449
- "monasterio de Spataneto solidos XX" 1272 CDCatOurense p. 398-401
- "Domingo Eanes, notaro en toda a Costa de Sadur et en tera Yunqueyra d'Espadanedu" 1275 CDMontederramo p. 518
- "monasterio Iuncarie de Spataneto C solidos" 1282 CDCatOurense p. 370 - 374
- "Dõmigo Peres de Vilariño, taverneyro de Junqueira d'Espadanedo" 1332 CDMaia p. 155
Moderna
Cognados y topónimos relacionados
No mesmo concello está o lugar de Espadanedo. Atopamos O Espadanedo no concello de Mesía (Co) e dous lugares denominados Espadanedo en Portugal.
Cognados de Xunqueira hai moitos en Galicia, comezando polo concello de Xunqueira de Ambía (tamén lugar e parroquia). Ademais temos Xunqueira: A Fonsagrada (Lu), Monforte de Lemos (Lu), Touro (Co); A Xunqueira: Arzúa (Co), Cedeira (Co), Fene (x2) (Co), Gondomar (Po), Mazaricos (Co), Nigrán (Po), Ribadeo (Lu), Ribeira (Co), Vilalba (Lu), Vilanova de Arousa (Po), Xermade (Lu); Xunqueiras na Caniza (Po); e As Xunqueiras: Abadín (Lu), Mesía (Co), A Pobra do Caramiñal (Co). Atopámolo modificado en Xunqueira de Arriba e Xunqueira de Abaixo en Láncara (Lu); A Xunqueira de Lérez, Pontevedra; Coto de Xunqueira, A Fonsagrada (Lu); e Sas de Xunqueira, A Pobra de Trives (Ou). En Xunqueira de Ambía (Ou) temos Xunqueiroá.
En Portugal hai 23 lugares denominados Xunqueira.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org