Passar para o conteúdo principal
Voltar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Acesso investigadores
esglcaeupt-ptast

Xunqueira de Espadanedo

Xunqueira de Espadanedo

Tipologia ou caracterização geográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Ámbito semántico

Fitonímia
Fitonímia

Derivado

IŬNCU » -ARIA, -ARIU
SPATHANNA » -ĒTA / -ĒTU

Resumo geral

Topónimo constituído por Xunqueira, a preposición de, e Espadanedo. Os dous substantivos son fitónimos de carácter abundancial e aluden á presenza de xuncos e espadanas no lugar.

Aspetos geográficos, históricos, administrativos

Ata 1857 a denominación oficial foi Junquera de Espadanedo, a partir dese momento denominouse oficialmente como Junquera de Espadañedo. En 1985 restaurouse a forma orixinal galega: Xunqueira de Espadanedo. 

Informação específica de étimo para este topónimo

Tanto o sufixo -eira (<-ARIA) coma -edo (< -ETU) son de carácter abundancial.

Segundo Navaza_Fitop (p. 242), o termo espadana  dá nome a varias especies das "tifáceas ou iridáceas, con follas semellantes a unha espada, de aí o seu nome". No mesmo lugar, este autor propón o termo SPATHA acompañado do sufixo -ANNA- , mais este é denominado por Corominas / Pascual (DCECH, s. v. espada) como "estraño".

Documentação histórica

Antiga e medieval

  • "concedo omnem meam hereditatem quam visus sum habere, villam quam vocant Spataneto", a. 973 TSamos p. 398-399
  • "Petro Ordoni, scilicet ecclesie sancti Juliani de Iuncaria de Espadanedo abbati", a. 1174 CDXunqueiraEspadanedo_Pereira p. 169 - 170
  • "Sancti Iuliani de Iuncaria de Espadanedo", 1174 CDMontederramo p. 211
  • "Domingu Eanes, notaro en Costa de Sadur et en tera de Iuncaria d'Espadanidu", 1269 CDMontederramo p. 449
  • "monasterio de Spataneto solidos XX" 1272 CDCatOurense p. 398-401
  • "Domingo Eanes, notaro en toda a Costa de Sadur et en tera Yunqueyra d'Espadanedu"  1275 CDMontederramo p. 518
  • "monasterio Iuncarie de Spataneto C solidos"  1282 CDCatOurense p. 370 - 374
  • "Dõmigo Peres de Vilariño, taverneyro de Junqueira d'Espadanedo"  1332 CDMaia p. 155

Moderna

  • "Santa Maria de Junquera de Espadañedo",  1752 CME.
  • "Junquera de Espadañedo",  1845-1850 DicMadoz.

 

Cognatos e nomes de lugares relacionados

No mesmo concello está o lugar de Espadanedo. Atopamos O Espadanedo no concello de Mesía (Co) e dous lugares denominados Espadanedo en Portugal.

Cognados de Xunqueira hai moitos en Galicia, comezando polo concello de Xunqueira de Ambía (tamén lugar e parroquia). Ademais temos Xunqueira: A Fonsagrada (Lu), Monforte de Lemos (Lu), Touro (Co); A Xunqueira: Arzúa (Co), Cedeira (Co), Fene (x2) (Co), Gondomar (Po), Mazaricos (Co), Nigrán (Po), Ribadeo (Lu), Ribeira (Co), Vilalba (Lu), Vilanova de Arousa (Po), Xermade (Lu); Xunqueiras na Caniza (Po); e As Xunqueiras: Abadín (Lu), Mesía (Co), A Pobra do Caramiñal (Co). Atopámolo modificado en Xunqueira de Arriba e Xunqueira de Abaixo en Láncara (Lu); A Xunqueira de Lérez, Pontevedra; Coto de Xunqueira, A Fonsagrada (Lu); e Sas de Xunqueira, A Pobra de Trives (Ou). En Xunqueira de Ambía (Ou) temos Xunqueiroá.
En Portugal hai 23 lugares denominados Xunqueira. 

Eduardo Louredo Rodríguez:  "Xunqueira de Espadanedo", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 11-05-2025].
Cerca: 30/05/2024
891
no-portugues

Coordenadas: -7.629361 42.31836

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
ʃuŋˈkejɾa̝ðespaðaˈneðo̝
Audio
Província
Ourense
População
751 (2020)

Gentilíco e apelidos colectivos

Gentílico(s)

xunqueirao, -á.

Pseudogentílico(s)
Sem dados

Antropónimos originados pelo topónimo

Apelido
Junqueira
11 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia

Trátase dunhha forma deturpada, mais que conserva o caracteristicamente galego ditongo -ei-. Dada a súa distribución, no parece probable que este apelido teña a súa orixe no concello estudado. 

Junqueira
Apelido
Junquera
265 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia

Pode tratarse do apelido castelán Junquera ou da forma castelanizada da forma orixinal galega Xunqueira.

Junquera
Nome
Não gerou nome pessoal

Bibliografia específica

Não há bibliografía

Assinaturas

Redação: Eduardo Louredo Rodríguez

Revisión: Ana Isabel Boullón Agrelo

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación contó con una ayuda para la consolidación y estruturación de unidades de investigación competitivas de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-