Pasar al contenido principal
inicio
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

BRAULIONE

BRAULIONE

Incerto
Onomástica » Deantroponímico » Nombre personal

Non hai total certeza sobre a orixe deste topónimo. O estudoso Nicandro Ares, tras examinar outras hipóteses, conclúe que Brollón procede do nome Braulio, a partir do acusativo Braulione (Ares_TopGal vol. I, p. 342). Apóiase para isto na documentación medieval ofrecida polo Tombo de Samos (cfr. infra). A evolución -au- > -ao > -oo- > -o- deuse noutros topónimos (SANCTU CLAUDIO > San Clodio, VILLA MAURI > Vilamor). Pensa que é de orixe prerromana, coma MzPidal_Patron (p. 414), que o considera indíxena. O nome Braulio tamén deu aos topónimos Broullón e Dombrollo (<  DOMNU BRAULIUS Ares_TopGal vol. II p. 860).

Por outra parte, Palacio_TopPantón (p. 417) identifica Brollón coa forma común brollón 'ruído que fai a auga ao caer desde certa altura'. No DCELC, Corominas fai proceder brollar e borbollar de *bolbollar, derivado por reduplicación do latín *BŬLLA 'burbulla'. Non obstante, posteriormente, o mesmo autor no DCECH apunta que o verbo brollar se podería tratar dun celtismo, procedente do termo *BROGILOS 'bosque pequeno'. O étimo directo para o galego tería que incorporar o sufixo -ONE.

Firmas

Redacción: Eduardo Louredo Rodríguez

Revisión: Ana Isabel Boullón Agrelo.

Eduardo Louredo Rodríguez:
" BRAULIONE ",
en Toponomasticon Hispaniae, proyecto financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Fecha: 02/11/2022

Topónimos vinculados a este étimo

Gallego

Ourense
Pobra do Brollón, A
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación contó con una ayuda para la consolidación y estruturación de unidades de investigación competitivas de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidad
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-