Navallos
Tipologia edo geografia karakterizazioa
Etimoa
Laburpen orokorra
De orixe etimolóxica problemática. Ten sido considerado diminutivo da voz prerromana nava co sufixo diminutivo lat. -CŬLOS, igual ca outras formas paralelas hispánicas. Pero en Galicia non se rexistra esa forma nava e, dadas as atestacións máis antigas desta voz, podería ter orixe nun étimo con L-. Daquela podería pensarse nun derivado da raíz hidronímica lou- 'lavar', de onde procede tamén o verbo latino lavare 'lavar', identificada por Pokorny (IEW).
Geografi, historia, administrazio alderdiak
Parroquia do concello de Guntín (Lu) que ten como advocación San Pedro.
Leku izen honentzako informazio berezkoa
As documentacións históricas do nome da parroquia de Guntín obsérvase que as máis antigas presentan L-. A vacilación l-/n- é relativamente frecuente na toponimia (Novexil, Novexilde < LEOVIGILDE, Lebozán < NEPOTIANI, Nebríl < LEPORINI, Landín, Lindín < NANDINI). Vemos esa mesma alternancia noutros nomes de lugar homónimos da área galega e portuguesa. todos os cales, finalmente, acabaron consolidándose con N-:
- "trans flumen Mondecum in au<s>trali parte eam que dicitur Lavalos" 1096 LPCoimbra
- "mea propria quos abeo in Pannonias subtus mons Caprario, discurrente reivolum Corrago, id est nominato ipse agro iusta Navalios" 1104 Costa_BragaLiberFidei
- "uadit in penedum do Corbal et per super portum de Naballos et per super uilam de Ardozilde et per ripam Sardinarie" 1144 DocAfonsoVII
- "ab illa Ponte de Murinanos usque ad Pedrido et inde ad Laualios et inde ad Cornaria sicut descendit per illa Petrafita" 1167 TLourenzá
- "ad cimam de Teyxoneyras et per portum de Laualo" s.a. TLourenzá
- "quandam hereditatem que vocatur Celeyroo, sicut dividitur per Mazanedam et per Troncosum et per Sanctum Martinum et per Navalios et per aquam vertentem de inter Sanctum Felicem et eamdem hereditatem sicut vadit ad Curiscadam" 1232 DCatedralOurense
- "coto de Nauallios, quomodo diuiditur per iter ueniendo de Agra, et per Nauallios" 1238 CDSClodioRibeiro
- "per uineam de Hospitale et per carrariam que uadit ad festo pro ad Zima de Uilla et pro ad Nauallios" 1241 CDSClodioRibeiro
- "a quell agrro que chaman dos Lauallos como se de parte da herdade de Goente" (Betanzos) 1272 DocMSalazar
- "Ares Eanes de Nauallos" 1277 CDSClodioRibeiro
- "pela herdade dos Codessos, et pela via que vay de Nauallos para a Veyga de Beynte" 1299 CDSClodioRibeiro
- "pella congostra que vay para Nauallos" 1344 CDSClodioRibeiro
- "outros tres leyros jazen ao Naballo" 1419 CDPombeiro
- "Diego Aluares de Laballos" 1450, "Áluaro Dias, de Laballos", "Basco Lopes, de Laballos, scriuano del rey, nuestro sennor, et seu notario publico" 1481 CDVilarDonas
Dokumentazio historikoa
Antzinatekoa eta Erdi Arokoa
- "Sam Pedro de Laualos" 1263 CDFPallares [na publicación está editado Lauales]
- "San Pedro de Lavallos" 1276 CDFPallares
- "Gomez Vasques de Lavallos" 1368, "Gil Gomes de Lavallos" 1369, "Alvar Dias de Lavallos ... Gyl Gomes de Lavallos" 1390 DocCatLugo
Garaikidea
kognatuak eta erlazionatutako leku izenak
Hoxe en Galicia hai dúas parroquias Navallos (Guntín e Ribeira de Piquín, Lu) e unha O Navallo (O Riós, Ou), amais de 18 lugares que conteñen a voz Navallo (Co4, Lu10, Ou2, Po2, Ast-Taramundi) e sete Navallos (Co1, Lu6).
En castelán, podería ser cognado Sinlabajos.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org