Canedo
Tipologia edo geografia karakterizazioa
Etimoa
Laburpen orokorra
Do lat. cannētum, derivado de CANNA 'cana', co sufixo abundancial -edo, correspondente ao lat. -etu.
Geografi, historia, administrazio alderdiak
É unha parroquia do concello da Pobra do Brollón (Lugo), coa advocación de san Miguel.
Leku izen honentzako informazio berezkoa
Referido a calquera dos topónimos galegos (aínda que a maior parte son da parroquia ourensá), encontramos atestada esta voz desde o séc. X:
- "id sunt villas in Bubalo, Caneto de Auriense" 942 TCelanova
- "in monasterio Caneto vocabulo sancti Vincenti" 974 TCelanova
- "Sancti Michelis de Caneto" 1225 CDCatedralOurense
- "villas in Laurenzana prenominatas Canneto , Cande, Villa Felici" s.a. TLourenzá.
- "I casal en Canedo" 1289 TToxosoutos
- "freguesías de San Pedro de Codeiro et de Canedo et de Santiago das Caldas" 1458 DocDevOurense
Dokumentazio historikoa
Antzinatekoa eta Erdi Arokoa
- "uillas prenominatas circa Caneto in Lemabus" 1017 TASantiago
Garaikidea
- "CANEDO (San Miguel de): feilg. en la prov. y dióc. de Lugo (8 1/2 leg.), part. jud. de Quiroga (3) y aynt. del Brollón (1/2). ... Pobl.: 41 vec., 234 alm." 1846 DicMadoz.
kognatuak eta erlazionatutako leku izenak
Amais desta parroquia na Pobra do Brollón, en Galicia hai outra coa mesma advocación no concello de Ourense, máis 13 lugares que conteñen a forma Canedo (oito en Portugal) e cinco Os Canedos. En Portugal rexístrase o diminutivo Canedinho (Aveiro). Tamén existen en Galicia as variantes Canido (dous na provincia de Pontevedra e dous na da Coruña)
A forma feminina, Caneda, é nome dunha parroquia en Monforte de Lemos e de dous lugares (en Boqueixón, Co, e Campo Lameiro, Po).
Alcanede (freguesía portuguesa do concello de Santarém) é probablemente un híbrido, con aglutinación do artigo árabe e apócope do -o final,"provavelmente ainda latina, mas reforçada pela pronúncia árabe que não dispunha de palavras masculinas terminadas em -o", segundo información de Alice Fernandes. No mesmo concello existen outras freguesías con denominacións mozárabes, como Alcobertas.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org