Lor
Tipologia edo geografia karakterizazioa
Etimoa
Laburpen orokorra
Probablemente do lat. Lauri, xenitivo do nome persoal Laurus.
Geografi, historia, administrazio alderdiak
É un río situado no sueste da provincia de Lugo, afluente na beira esquerda do Sil, de 54 km. de lonxitude, que nace en Fonlor (Pedrafita do Cebreiro, Lu) e desemboca en Augas Mestas (Quiroga). Amais do lugar do seu nacemento, forma parte dalgúns nomes de lugares ribeiregos, como O Carballo de Lor (na parroquia de Quintá de Lor), Bustelo de Lor, Lamas de Lor e Vilar de Lor (estes na parroquia de Vilar de Lor), todos eles no concello de Quiroga (Lu). Tamén está presente no nome da parroquia de Barxa de Lor, no concello da Pobra do Brollón).
Segundo J. M. Piel_1975, o posuidor deste territorio á beira do río debeu vivir baixo o reinado de Sisebuto (612-621), pois desta época é unha moeda atopada co nome da ceca Laure, que estaría referida ao nome do propietario.
Leku izen honentzako informazio berezkoa
O ditongo latino orixinal, -AU- neste caso monotongou por perder a vogal final e quedar trabado o ditongo por unha consoante distinta de -s pertencente á mesma sílaba, como ocorreu en Pol < PAULI.
Aínda que J. M. Piel está seguro neste caso da orixe antroponímica, que non é habitual para os ríos, quizais non se poida descartar a posibilidade de que o nome teña orixe hidronímica, coma o doutros ríos Louro e os seus posibles cognados Lores, Lérez.
Dokumentazio historikoa
Antzinatekoa eta Erdi Arokoa
- "in Laure monasterium Suveretum" 853 TSamos
- "villas in Laure" 928 CDCelanova
- "in ripa fluvii Lavre" 951, "in ripa fluvii Laure" 962 TSamos
Garaikidea
kognatuak eta erlazionatutako leku izenak
Amais dos topónimos citados na beira do río, contén este nome o lugar do seu nacemento, Fonlor, un composto de fonte. E é cognado o topónimo portugués Loure, no concello Albergaria-a-Velha (distrito de Aveiro); non experimentou monotongación por non quedar o -r- en posición final.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org