Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Lor

Lor

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Río
Idioma do topónimo
Gallego

Étimo

LAURUS
Latino
Deantroponímico » Nome persoal

Resumo xeral

Probablemente do lat. Lauri, xenitivo do nome persoal Laurus.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

É un río situado no sueste da provincia de Lugo, afluente na beira esquerda do Sil, de 54 km. de lonxitude, que nace en Fonlor (Pedrafita do Cebreiro, Lu) e desemboca en Augas Mestas (Quiroga). Amais do lugar do seu nacemento, forma parte dalgúns nomes de lugares ribeiregos, como O Carballo de Lor (na parroquia de Quintá de Lor), Bustelo de Lor, Lamas de Lor e Vilar de Lor (estes na parroquia de Vilar de Lor), todos eles no concello de Quiroga (Lu). Tamén está presente no nome da parroquia de Barxa de Lor, no concello da Pobra do Brollón).

Segundo J. M. Piel_1975, o posuidor deste territorio á beira do río debeu vivir baixo o reinado de Sisebuto (612-621), pois desta época é unha moeda atopada co nome da ceca Laure, que estaría referida ao nome do propietario.

Información específica de étimo para este topónimo

O ditongo latino orixinal, -AU- neste caso monotongou por perder a vogal final e quedar trabado o ditongo por unha consoante distinta de -s pertencente á mesma sílaba, como ocorreu en Pol < PAULI.

Aínda que J. M. Piel está seguro neste caso da orixe antroponímica, que non é habitual para os ríos, quizais non se poida descartar a posibilidade de que o nome teña orixe hidronímica, coma o doutros ríos Louro e os seus posibles cognados Lores, Lérez.

 

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "in Laure monasterium Suveretum" 853 TSamos
  • "villas in Laure" 928 CDCelanova
  • "in ripa fluvii Lavre" 951, "in ripa fluvii Laure" 962 TSamos

Moderna

  • "Lor: r. en la prov. de Lugo, uno de los afluentes del Sil" 1850 DicMadoz.
  • "Lor (Sta. María): felig. en la prov. de Lugo, ayunt. de Quiroga. (V. Sta. María de Quintá de Lor)" 1850 DicMadoz [O nome consolidado desta parroquia é hoxe Quintá de Lor]

Cognados e topónimos relacionados

Amais dos topónimos citados na beira do río, contén este nome o lugar do seu nacemento, Fonlor, un composto de fonte. E é cognado o topónimo portugués Loure, no concello Albergaria-a-Velha (distrito de Aveiro); non experimentou monotongación por non quedar o -r- en posición final. 

Ana Boullón:  "Lor", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 25-06-2025].
Data: 24/06/2025
4301
no-portugues

Coordenades:-7.195787 42.604996

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
ˈlɔɾ
Audio
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
Sen datos

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Río Lor (Información xeográfica de Galicia, Xunta de Galicia)

Río Lor (Información xeográfica de Galicia, Xunta de Galicia)

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-