Skip to main content
Itzuli ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Ikertzaileentzako sarrera
esglcaeupt-ptastan

Santalla de Pena

Santalla de Pena

Tipologia edo geografia karakterizazioa

Parroquia
Idioma del topónimo
Galego

Etimoa

SANCTA, SANCTU
Latino
Onomastika
EULALIA
Griego
Deantroponimikoak » Santu izenak
PĬNNA
Latino
Mendi izenak » Goraguneak

Laburpen orokorra

Composto de SANCTA EULALIA, nome feminino de orixe grego transmitido polo latín), composto polo grego eû 'ben' e laleîn 'falar'; foi unha mártir de Mérida de finais do s. III co culto moi difundido desde os primeiros tempos do cristianismo. O segundo elemento do composto é o substantivo pena (lat. PĬNNA).

Geografi, historia, administrazio alderdiak

Parroquia do concello de Begonte.

Leku izen honentzako informazio berezkoa

Para información sobre Pena, véxase A Pena do Golpe.

O haxiótopónimo procedente de SANCTA EULALIA, nas súas diversas formas, é un dos dous nomes de santos que figura entre os topónimos máis frecuentes en Galicia (vid. Boullón_2021), pois está presente en 58 nomes do NG. É titular de 138 parroquias.

En canto á evolución fonética, EULALIA presenta de forma xeral a monotongación do primeiro formante grego, conforme o ocorrido con outros nomes semellantes (EUSEBII > Osebe) e a caída do primeiro -L-. A partir de aí, hai diferentes resultados segundo a caída do segundo -L- (Santa Baia, Santaia) ou a súa palatalización no grupo LJ  (Santalla, Santaballa, Santoalla). Tamén pode ocorrer a consonantización da vogal inicial (EULA- > OLA- > OA-> UA- > VA-/BA-, coma en Santa Baia, Santaballa), a crase das vogais iniciais do nome (Santaia, Santalla) ou o mantemento da vogal inicial (Santa Oalla).

Referido a distintos topónimos, encontramos documentación desde o séc. XIII.

Co formante actual -alla:

  • “sancta Eolalia de Cervo” 1257, “Santa Alla de Cervo” 1350 CDOseira, “Santaalla de Çerbo” 1488 DocCatMondoñedo
  • “sacnta Baya de Pedraficta” 1276, “sancta Oalla de Pedrafita” 1286, “su signo de Santa Alla de Pedrafita” 1325 CDOseira [actual Santalla, na parroquia de Lousada, Pedrafita, Lu]
  • “Santaalla de Piquin” 1296 DocSponer
  • “Santa Alla d’Oscos” 1298 CDOscos
  • “Santa Oalla de Verín” 1338 DocDevOurense
  • “Santa Alla de Romay”, “Santa Alla de Romae” 1375 CDVilourente
  • “Santaoalla de Merille” 1309, “Santaballa de Mirille” 1453, “Santvaya de Mirille” 1488 DocCatMondoñedo
  • “ſu o ſino de Sanctaalla de Rey” (Monforte) 1325 DocSponer
  • “Santalla de Touro” 1326 CDGH
  • “frygesia de Santaalla de Vilousende” 1373 DocCatMondoñedo
  • “Santalla de Reyris” 1380 DocBelvís
  • “Santa Alla de Fanoy” 1383 CDVilourente, “Santalla de Fanoy” DocCatMondoñedo
  • “Santalla de Sison” 1392 DocVilourente
  • “Santa Alla de Lezín” 1403 CDSEstevoRibasSil
  • “Santa Alla de Villaseca” 1412 CDVilourente
  • “Santaalla da Deuesa” 1456, “Santaaya da Deuesa” 1467 DocCatMondoñedo
  • “friguesia de Santa Oalla de Ladrido” 1473 ViveiroXIV-XV, “Santaalla de Ladrido” 1488 DocCatMondoñedo
  • “Santaalla de San Sadornino” 1488 DocCatMondoñedo
  • “Santalla de Boueda” 1490 CDPombeiro
  • “Santalla d’Avinno” 1506 CDPedrosoTrasancos

Co formante actual -Baia

  • “freeguesía de Santa Baya de Berredo” 1302 DocDevOurense [hoxe Santa Baia de Berredo, A Bola, Ou]
  • “su o signo de Santa Baya de Aguada” 1315 CDOurense [hoxé Santa Baia só é advocación desa parroquia, no concello de Carballedo, Lu]
  • “Santa Valla [d'A]daa 1358 CDOseira [hoxé Santa Baia só é advocación desa parroquia, no concello de Chantada, Lu]
  • “fliguesia de Santa Baya de Parada Marim” 1419 CDCodeseda. [Hoxe Pardemarín (Santa Baia), na Estrada, Po]
  • “igleia de santa Valla de Vilar de Çerreda” 1426 CDPombeiro [hoxé Santa Baia só é advocación desa parroquia, no concello de Nogueira de Ramuín, Ou]
  • “santa Baya de Ribadumia” 1454 CDGH [hoxé Santa Baia só é advocación desa parroquia, no concello de Ribadumia, Po]
  • “Santa Baya de Boyro” 1457 LNRianxo [hoxé Santa Baia só é advocación desa parroquia, no concello de Boiro, Co]

Co formante actual -balla:

  • “Santaoalla de Lago” 1374, “igleia de Santa Valla de Lago” 1422 ViveiroXIV-XV “Santaaya de Lago” 1474 DocViveiro. [Hoxe Santa Balla é só advocación da parroquia de Lago, con concello de Xove, Lu; figuraba como Santa Eulalia no NG 2003]
  • “Santaballa de Tristemill” 1488 DocCatMondoñedo [hoxe Trestemil é lugar da parroquia de San Claudio, Ortigueira, Co e na parroquia veciña, Couzadoiro, están os lugares Santaballa de Abaixo e Santaballa de Arriba]

 Co formante actual Eulalia (NG 2003):

  • “santa Baya de Caldelas” 1487 DocUnivSantiago. [hoxe Santa ulalia é advocación da parroquia de Ponte Caldelas].

Dokumentazio historikoa

Antzinatekoa eta Erdi Arokoa

  • "Sancta Eolalia de Pena" 1202 TSobrado

kognatuak eta erlazionatutako leku izenak

O haxiónimo SANCTA EULALIA deixou varios descendentes toponímicos en galego:

  • Santalla (Co5, Lu44, Po1), e Santalla de Oscos (Ast).
  • Santaia (Co16).
  • Santa Baia (Co14, Lu8, Ou29, Po).
  • Santaballa (Co2, Lu2).
  • Santoalla (Lu1, Ou1)
  • Santa Eulalia, lugares en Guntín e Taboada, pertencentes a parroquias que teñen a advocación Santoalla, o que mostra que o nome actual foi unha restitución cultista recente.

En Portugal: Santa Ovaia (Aveiro, Coímbra, Vila Real, Viseu) e o cultismo Santa Eulália.

Ana Boullón:  "Santalla de Pena", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 17-08-2025].
Data: 22/05/2025
4779
no-portugues

Coordenadas: -7.7288791 43.12092058

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
sanˈtaʎa̝ðeˈpena̝
Audio
Probintzia
Ourense
Bizilagunak
291 (2023)

Herritarren izena eta talde izengoitiak

Herritarren izena(k)
Daturik ez
Sasigentilizioak
Daturik ez

Leku izenak sortutako jende izenak

Abizena
No ha generado apellido
Izena
Ez du jende izenik sortu

Bibliografia berezia

Bibliografiarik ez dago

Sinadurak

Erredakzioa: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

MCIN/AEI/10.23039/501100011033k finantzatu du Toponomasticon Hispaniae I+D+I proiektua. Aplikazio honek Galiziako Xuntak ikerketa guneen finkapenerako eta egituraketarako ematen dituen laguntzetako bat izan zuen.

Menú del pie

  • Pribatutasun politikak
  • Cookies politikak
  • Harremanetarako
-
-
-
-