Carballiño, O
Tipologia edo geografia karakterizazioa
Derivado
Laburpen orokorra
Ao substantivo carballo, voz prerromana que designa diversas especies do xénero Quercus, engadíuselle o sufixo diminutivo -INU.
Geografi, historia, administrazio alderdiak
É cabeza da comarca do Carballiño e capital do seu partido xudicial. Na parroquia de Señorín había un lugar denominado O Carballiño onde, por volta do s. XVIII, os monxes do Mosteiro de Oseira estableceron unha feira. Pouco a pouco, a feira fixo que se asentase unha poboación permanente no lugar e este converteuse co tempo na segunda vila máis poboada da provincia de Ourense, só superada pola capital provincial. Oficialmente, foi denominado coa voz deturpada Carballino ata 1984, cando se repuxo a forma galega.
Dokumentazio historikoa
Garaikidea
- "y vaxa al marco del Carballiño" 1752 CME - Señorín - O Carballiño
- "solo la citada feria del Carballiño que se celebra el dia diezyseis de cada mes" 1752 CME - Señorín - O Carballiño
- "Si tu vira-lo que vin na feyra do Carballiño, vinte cinco xastres juntos bebend'un neto de viño" 1790 TILG (A poesía popular en Galicia, ed. de Domingo Blanco).
- "Carballino" 1845-1850 DicMadoz
kognatuak eta erlazionatutako leku izenak
O Carballiño, na forma singular ou plural e con ou sen artigo é relativamente frecuente na macrotoponimia galega. Atopamos Carballiño nos concellos de Frades e Touro (A Coruña) e O Carballiño nos de Monfero, O Pino e Sada (A Coruña); nos de Ribas de Sil e O Saviñao (Lugo); e mais nos de Pazos de Borbén, Redondela e Valga (Pontevedra). Contamos con dous Carballiños, un en Pontevedra e outro en Ribeira (A Coruña). Finalmente, atopamos Os Carballiños nos concellos de Abadín, Cospeito, Guitiriz e Palas de Rei (Lugo) e no de Lalín (Pontevedra).
Ademais, hai que ter en conta que hai moitísimos topónimos galegos derivados de carballo: Carballo, Carballeira, Carballeda, Carballedo, Carballido, (Os) Carballás...
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org