Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Carballiño, O

Carballiño, O

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Derivado

CARVALIU » -ĪNA / -ĪNU

Resumo xeral

Ao substantivo carballo, voz prerromana que designa diversas especies do xénero Quercus, engadíuselle o sufixo diminutivo -INU.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

É cabeza da comarca do Carballiño e capital do seu partido xudicial. Na parroquia de Señorín había un lugar denominado O Carballiño onde, por volta do s. XVIII, os monxes do Mosteiro de Oseira estableceron unha feira. Pouco a pouco, a feira fixo que se asentase unha poboación permanente no lugar e este converteuse co tempo na segunda vila máis poboada da provincia de Ourense, só superada pola capital provincial. Oficialmente, foi denominado coa voz deturpada Carballino ata 1984, cando se repuxo a forma galega.

Documentación histórica

Moderna

  • "y vaxa al marco del Carballiño" 1752 CME - Señorín - O Carballiño
  • "solo la citada feria del Carballiño que se celebra el dia diezyseis de cada mes" 1752 CME - Señorín - O Carballiño
  • "Si tu vira-lo que vin na feyra do Carballiño, vinte cinco xastres juntos bebend'un neto de viño" 1790 TILG (A poesía popular en Galicia, ed. de Domingo Blanco). 
  • "Carballino" 1845-1850 DicMadoz

Cognados e topónimos relacionados

O Carballiño, na forma singular ou plural e con ou sen artigo é relativamente frecuente na macrotoponimia galega. Atopamos Carballiño nos concellos de Frades e Touro (A Coruña) e O Carballiño nos de Monfero, O Pino e Sada (A Coruña); nos de Ribas de Sil e O Saviñao (Lugo); e mais nos de Pazos de Borbén, Redondela e Valga (Pontevedra). Contamos con dous Carballiños, un en Pontevedra e outro en Ribeira (A Coruña). Finalmente, atopamos Os Carballiños nos concellos de Abadín, Cospeito, Guitiriz e Palas de Rei (Lugo) e no de Lalín (Pontevedra).

Ademais, hai que ter en conta que hai moitísimos topónimos galegos derivados de carballo: Carballo, Carballeira, Carballeda, Carballedo, Carballido, (Os) Carballás...

Eduardo Louredo Rodríguez:  "Carballiño, O", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 04-12-2025].
Data: 05/11/2025
887
no-portugues

Coordenades:-8.077955 42.430794

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
okaɾβaˈʎiɲo̝
Audio
Provincia
Ourense
Poboación (INE)
13.968 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

carballiñés, carballiñesa

Pseudoxentilicio(s)

Os da rabia, DTG.

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Carballiño
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Eduardo Louredo Rodríguez

Revisión: Ana Isabel Boullón Agrelo.

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-