Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

BARRU

BARRU

Prerromano
Oronimia » Composición
Log in or register to post comments

Voz presente na península ibérica, máis peculiar do galego, portugués, asturleonés e castelán, con diferentes matices semánticos e considerada como prerromana (DCECH s.v.). Edelmiro Bascuas remóntaa en última instancia á raíz hidronímica indoeuropea *behr- 'brotar, fluír', 'brillar', a partir do grao pleno *bahr e o radical *bharr- (Bascuas_2014). Aínda que Krahe non a recoñece como tal, si o fai Pokorny, e Bascuas considera que as moitas correspondencias no territorio europeo aseguran a súa existencia. 

As atestacións máis antigas de voces desta familia na documentación do noroeste hispánico remóntanse ao século IX: Barreto 842 DiplPeriodoAstur 1 211-213, Barrato 842 DiplPeriodoAstur 1 57-59, TCelanova 294-296, barrio 853 DiplPeriodoAstur 1 330-333, Barrario 910 CDVisLugo 117-125, barrosa 912 CDCatedralAstorga 1 60-63, "ecclesia sancte Marine de Barro" 916 CDCatMondoñedo 13-14, Barroso 977 CDCelanova 169-174, TCelanova 222-226, etc.

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Ana Boullón:
" BARRU ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 07/05/2025

Topónimos vinculados a este étimo

Galego

Pontevedra
Barro
Cognados: Barral; Barreiro; Barreal; Barroso; Barrosa; Barredo; Barrido; Barra; Barrento; Barrete

Topónimos derivados

-ĀRIA, -ĀRIU

Galego

Lugo
Barreiros
Cognados: Barreiriña; Casbarreiro; Subarreiro; Barreira

Portugués

Setúbal
Barreiro
Cognados: Barreirão; Barreirinho; Barreirinhos; Barreirosa; Barrelo; Barrenhas; Barrenho; Barrento; Barrenta; Barreses; Barreiros

-ŎLA, -ŎLU

Castelán

Valladolid
Barruelo del Valle
Cognados: Barrero, El; Barreros, Los; Barrial, El; Barriales, Los; Barral, El; Barrucho, El; Barruchos, Los
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-