Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

LĀTA, LĀTU 1

LĀTA, LĀTU 1

Latino
Hábitat humano » Edificacións
Log in or register to post comments

Participio do latín ferre 'levar, conducir' (DÉLL, pp. 404-408), verbo de conxugación heteróclita, que toma a raíz do presente, fĕro, do indoeuropeo *bher- 'levar, traer, elevar'; e a do perfecto, (te)tuli, e o supino e o participio, latum, latus, da mesma có verbo tollo 'levantar, elevar': a raíz indoeuropea *tel- 'soportar, levantar'  (IEW, p. 128 e ss. e 1060).

Aínda que este verbo latino deixou poucos descendentes na Romania fóra de cultismos (acuífero, diferir, conferir, inferir, ofrecer, sufrir, trasladar, delatar ... e derivados), consideramos que o seu participio , xunto coa palabra aqua, debeu ser unha locución frecuente e chegou, en ocasións, a funcionar como unha forma fixada, aqualata (vid. os topónimos Agolada e Igualada, vinculados a este étimo), co significado de 'condución de auga, acueduto', dun xeito semellante a Aqua2 (Gaffiot, s.v.). No ámbito galego portugués, non se debe descartar que o verbo fero, que non chegou ós nosos días, e que sufría frecuentes confusións con ferio 'ferir', sexa a orixe do verbo medieval ferir 'alcanzar, chegar a, dar en': "o noso quinon de leyra de Porto de Veyra contra a eyglesia... et vay ferir na careyra do moyno".

Sinaturas

Redacción: Luz Méndez

Luz Méndez:
" LĀTA, LĀTU 1 ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 25/04/2024

Topónimos vinculados a este étimo

Gallego o portugués

Pontevedra
Agolada

Catalán

Barcelona
Igualada
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-